martes, 1 de outubro de 2013

OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR

A Asociación Internacional de Biblioteconomía Escolar (IASL) aprobou, en decembro de 2007, que durante o mes de outubro de cada ano se celebre o Mes Internacional da Biblioteca Escolar. O lema deste ano 2013 é “Bibliotecas Escolares: Abren las puertas a tu vida”.
Dende a nosa Biblioteca, non encontramos mellor forma de unirnos a este lema, que recomendar Rutas de lectura, unha guía para traballar a lectura compartida. É un material gratuíto e descargable en pdf, que forma parte dun proxecto máis amplo no que participan todos os sectores do mundo do libro: educación, familias, librerías, bibliotecas, editoriais…

Ningún comentario:

Publicar un comentario