luns, 24 de outubro de 2016

SAMAÍN

O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconvertiu no Día de Todos os Santos.
A noite do 31 de outubro, que coincide coa entrada do inverno e o fin do verán, comeza o Ano Novo celta.
Nesta noite, as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos, e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.
Se queredes celebrar o día, aquí tedes:
  • Material didáctico para Infantil e Primaria do CEIP Galán, de Oseiro-Arteixo.
  • Algunha curta para Secundaria.

          
 
Pasa tamén pola biblioteca para comprobar como celebramos o día cunha selección de lecturas; levarás tamén un marcapáxinas co préstamo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario