29 de xan. de 2015

DRAGAL 2015

Este ano, a autora de Dragal, Elena Gallego Abad, volveunos visitar.
Aquí temos ao alumnado de Proxecto Interdisciplinar de 1º da ESO entregados.

TRABALLOS DO ALUMNADO POLA PAZ

Montaxe visual do alumnado de Atención Educativa, 1º A



27 de xan. de 2015

TRABALLOS DO ALUMNADO POLA PAZ

Murais
ALUMNADO DE 1º A

Andrea, Estela, Alba, Verónica, Lara, Alexandra, Jorge e Luis Miguel (3º B)




Ana e Trini (3º B)



Borja, Noemí, Damián, Nerea e Adrián (3º B)

20 de xan. de 2015

TRABALLOS DO ALUMNADO POLA PAZ

Xa temos algún resultado das actividades do noso caderno: "A paz, obxectivo para todo o ano".
  • Presentacións:
ANA LÓPEZ, 4º A

ALBA CASTRO, 3º B

CAMILA PYÑEIRO, 4º A


JOSÉ MANUEL ÁLVAREZ, 4º B

CLARA DOMÍNGUEZ SENDÍN, 4º B


ALEXANDRA ALONSO SANMARTÍN, 3º B

SEBASTIÁN PÉREZ RODRÍGUEZ, 4º A

MARTA CASTELLANO, 4º A


LARA GONZÁLEZ, 3º B

ANA MACHADO, 3º B

PABLO BARROS, 3º C

ESTELA RODRÍGUEZ, 3º B

15 de xan. de 2015

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ


O vindeiro venres 30 de Xaneiro, celebramos o día escolar pola paz, no 67 aniversario da morte de Gandhi (30 de Xaneiro de 1948).
Aproveitaremos a data para fomentar a cultura da paz cun Mercadiño Solidario, pero ademais, dende a biblioteca ofrecemos: unha selección bibliográfica para Primaria e outra para Secundaria, marcapáxinas co préstamo, proxección de presentacións feitas polo alumnado e unha selección de recursos.

O GRAN SEGREDO

O equipo da Biblioteca continúa cunha antiga actividade. Para os que a descoñezan, consiste en adiviñar algo partindo dunha serie de pistas que ofrecemos.
Cando teñas a resposta entrégaa na biblioteca. 
O gañador recibirá un pequeno agasallo.
ANÍMATE E PARTICIPA. LER PAGA A PENA
1ª fase (segunda quincena de xaneiro)

Neste Gran Segredo haberá que adiviñar:
  • O nome dun xogo.
  • O título dun libro, e o seu autor. (No libro, o xogo ten un papel relevante).
Estas son as primeiras pistas das que disporás:
  1. No libro xógase unha partida na que as pezas son personaxes: flores (margaridas, lirios,...), algúns animais (ra, corvo, león, morsa, ostra,...), a protagonista do libro e algúns membros da realeza.
  2. Á súa vez, a partida ten lugar en todo o “Mundo Real”, que se divide en rexións delimitadas por regatos e liñas de ferrocarril e equivalen ás casiñas do  xogo tradicional.
  3. Ten en conta que “Mundo Real” aparece entre comiñas porque só é real na mente da protagonista, una gran soñadora.

8 de xan. de 2015

RESOLUCIÓN ENIGMA MATEMÁTICO I

Contabamos con que, cun pouco de sorte, captariades a indirecta de que non se trataba dunha adiviña matemática; así:
  • O grupo I está formado por números de liñas curvas.
  • O grupo II son números de liñas rectas.
  • O grupo III son números que combinan liñas rectas e curvas.
Polo tanto, o 15 e 16 son do grupo III e o 17 é do grupo II.
Gañadora: Clara Domínguez Sendín

7 de xan. de 2015

OS MÁIS VENDIDOS EN GALEGO

No blog Caderno da crítica, o profesor Ramón Nicolás presenta o XXIX taboleiro do libro galego (decembro de 2014) no que se recollen os libros de noso  máis vendidos durante o mes de decembro,  mercé á colaboración dun total de trece librarías galegas.
Entre eles están:
 


OS MELLORES EN CASTELÁN

A XXX Mostra do Libro Infantil e Xuvenil da Comunidade de Madrid  presentarase ao público no XXXVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenilrecolle 150 títulos pertencentes a distintos xéneros, publicados entre os meses de xaneiro e outubro de 2014.
A selección realizouse tendo en conta tres criterios fundamentais: a calidade de texto e ilustracións e o resultado do conxunto creado por ambos os dous, a calidade da edición, e a adecuación aos posibles destinatarios.
E na biblioteca temos algúns: