29 decembro 2021

A NOSA PALABRA DO ANO 2021

O Portal das palabras promove a idea de decidir, colectivamente, cal é a palabra que identifica o ano que remata.Tanxugueiras, coada, gromo, resiliencia e vacinódromo eran as finalistas e foi TANXUGUEIRAS a gañadora.

O vocábulo tanxugueira non figura no Dicionario porque é en realidade un topónimo que fai referencia a un lugar con moitos teixugos. Mais hoxe, esta palabra simboliza, a través do plural tanxugueiras que lle dá nome á banda de Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, o éxito da revolución que está a vivir a música tradicional galega nesta segunda década do século XXI a través de novos vieiros.

A banda galega, coa canción Terra, é unha das 14 candidatas a representar a España no Festival de  Eurovisión de 2022. Os participantes competirán no concurso que se celebrará no Benidorm  Fest a finais do próximo mes de xaneiro.

E xa podemos apoialas co noso voto. Pinchade na imaxe que está debaixo para votar.

Ánimo, temos que conseguilo!!!! 

PALABRA DO ANO, 2021

A biblioteca do CEIP de Atín-Cela, de Mos elaborou esta actividade para que saibanos de que falamos.

PALABRA DO ANO 2021

A Fundación do Español Urxente (FundéuRAE), promovida pola Axencia EFE e a Real Academia Española, elixiuna pola súa gran presenza no debate social, político, científico e económico, adeamais de polo seu interese lingüístico.


Eran moitas as candidatas.

CALENDARIO 2022

Don Pardino xa ten o seu. Nel podemos revisar as festas e a ortografía.

21 decembro 2021

FELIZ NADAL

Aproveitamos a postal de Diana (4C), para pechar o ano cos nosos mellores desexos para o 2022.

A creación de Elena recolle a mesma intención.



NADAL 2021

Despedimos o ano con intensidade, había ganas.
Dirixidos por Tere creamos, para a radio, unha postal sonora cos mellores desexos da comunidade educativa, con Ruta fixemos baile e percusión e organizados por Elena participamos nunha xincana preparada por case todos os Departamentos.



Se pinchades nesta foto podes entrar na galería para ver máis.


CONCURSO POSTAIS, GAÑADORES

 E aquí as creacións premiadas.

  • 1º ESO
LUCÍA NÚÑEZ, 1º ESO C

MARÍA RITA BARROS, 1º ESO C
  • 3º ESO
AINHOA FERNÁNDES, 3º ESO C

ANDREA CERQUEIRA, 3º ESO C
  • 4º ESO
DIANA FERNÁNDEZ, 4º ESO C

SHEILA FERNÁNDEZ, 4º ESO C

SARA RODRÍGUEZ, 4º ESO C

ANTÍA PÉREZ, 4º ESO C

20 decembro 2021

PORTA BIBLIOTECA

Non poñemos aquí o proxecto inicial para que ninguén diga: "calquera parecido coa realidade é pura coincidencia". Porque... como teriades razón, xa o dicimos nós.
Agardamos que nas convocatorias futuras non se repita.
Grazas aos que colaboraron para ter a montaxe antes de Semana Santa. Merecen un agasallo.


 

15 decembro 2021

XINCANA DE NADAL, 2021

Xa temos os carteis que o alumnado de 4º creou con Natalia en TIC, animándonos a participar.
Estaredes xa anotados, non si?




14 decembro 2021

DECORACIÓN NADAL 2021

Comeza a transformación. Iremos pouco a pouco; algúns aínda están en proceso.

1º A


CONCURSO POSTAIS NADAL

Dende o Dpto de Plástica, Tania organiza un concurso de postais de Nadal e, despois dunha primeira selección, xa vemos algunha mostra.
Podedes pinchar na foto para ver a galería.

10 decembro 2021

CONCURSO PORTA NADAL

Escasa foi a participación deste ano.  Estas foron a gañadora e finalistas. E, como sabedes, a gañadora levarase á porta da biblio.

Gañador: Gabriel Paramés


09 decembro 2021

OS DEREITOS HUMANOS EN 3º C

Os alumnos de 3º C, con Tania na titoría, conmemoran o Día dos Dereitos Humanos representando na pantalla dun teléfono móbil un dereito que consideran imprescindible.



GUÍA PARA TEMPOS FRÍOS, 2021

É o momento de presentar as recomendacións que sempre chegan nesta data. Non son máis que suxestións para este tempo de frío e lecer. E todas están na biblioteca!
Se pasades o rato por riba da imaxes teredes máis información.
Boas lecturas!!!!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS 2021 de MEPP

05 decembro 2021

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS, 10 de decembro


Máis recursos:





04 decembro 2021

DÍA DA DISCAPACIDADE

E tamén o alumnado de Plástica, con Tania, traballou para conmemorar o día. Como remate, colgaron o seu mural no vestíbulo.

02 decembro 2021

BAIXO O MESMO PARAUGAS

Esta é a proposta de preto de 90 entidades sociais de toda Galicia, unidas para celebrar o día Intenacional das Persoas con Discapacidade e reivindicar unha sociedade máis xunta e igualitaria para todas as persoas
Animádevos a participar.

DÍA DA DISCAPACIDADE

Hoxe, en Educación Física (2C e 2B), con Eva, conmemoramos o día da discapacidade, que se celebra o 3 de decembro, con xogos que simulaban esa condición.
Xogos de discapacidade sensorial (cegos: oruga caza obxectivos) e de discapacidade motora (simulando que estaban sentados nunha cadeira de rodas, xogaron á indiaca e ao voleibol).
Pincha na foto para ver a galería.

29 novembro 2021

LIMPEZA

O noso patio estábao pedindo a berros porque non somos nada coidadosos cos papeis, bolsas, envoltorios...  e o aire fai o resto.
Por iso, a profe de BIO, Cristina, coas clases de 1º A e B, puxéronse mans á obra.
Agardamos cunda o exemplo noutras titorías; queda moito curso para que poidamos colaborar TODOS.
GRAZAS.
Pinchade na imaxe para ver a galería.

25 novembro 2021

25N NA RADIO

Hoxe, de 12:00 a 13:30, puidemos escoitar, en RADIO NOVE GALICIA, as frases que o noso alumnado gravou con motivo do día que conmemoramos.
Podedes escoitalo de novo hoxe ás 21:00 ou mañá ás 8:00.
Podemos escoitar algúns tamén aquí.

25N EN SECUNDARIA

Capitaneados por Eva (profe de EF) dende Valores éticos, o alumnado traballou nas titorías para crear un cartel que recollía a nosa repulsa á violencia de xénero.
A modo de quebracabezas, decoraron cada peza con frases significativas e hoxe, durante o recreo, protagonizaron un acto final no que recordaron as frases mellores, pegaron a peza no cartel e leron un manifesto deseñado polos alumnos de valores de 4º.
Ese cartel decora agora o noso vestíbulo.
Se pinchades na foto iredes á galería para ver moitas máis.

20 novembro 2021

PREPARANDO O 25N

Que se estará cocendo para o 25N?
Nesta galería imos vendo os preparativos. O resultado final, o xoves.

CLUB DE LECTURA MUCHACHADA LECTORA

Os do club xa están funcionando e, como podedes ver, hai para todos os gustos.
Formades parte dalgún? Aínda estades a tempo, preguntade na biblio.

08 novembro 2021

EDUCACIÓN PLÁSTICA

 O alumnado de plástica amosa, neste samaín, a súa vena artística e decora os nosos corredores.

MAGOSTO, 2021

Hoxe fixemos o magosto. Castañas, xogos e diversión foron os protagonistas dunha tarde na que o sol, afortunadamente, nos acompañou.

Grazas a todos os que colaborastes para facelo posible. Un luxo!!!

Pinchade na foto para ver máis. 

07 novembro 2021

04 novembro 2021

GAÑADORES

Parabéns pola vosa creatividade, pero aquí están os premiados. Terán un vale para empregar na librería Escribán.

03 novembro 2021

PASEO POR SAMAÍN

Aproveitando a expo que organizaron en Primaria, algunha titoría da ESO baixou de visita.

CREACIÓN E RADIO

Alumnas de 3º B, da man de Tere, a profe de Lingua Castelá, len as súas creacións.

31 outubro 2021

SAMAÍN 2021

O túnel do terror estase a converter nun clásico moi agardado; mirade as colas.

Ata nos visitaron os compañeiros de Primaria. Pinchade nas fotos para ver algunhas máis.


24 outubro 2021

HOXE, DÍA DAS BIBLIOTECAS

A edición deste ano, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento.

23 outubro 2021

PREPARADOS PARA O SAMAÍN?

O cole xa se está maquillando para celebrar. Pinchade na foto  e veredes ata as portas dalgunha titoría decoradas.

Preparamos un túnel do terror que vos deixará sorprendidos e, aínda que non viremos disfrazados, podemos traer un motivo terrorífico para celebrar o día.
Toda a festa sera SÓ nas dúas últimas horas do venres.
Estades dispostos???