30 de xuño de 2023

ATA AQUÍ, POR ESTE CURSO

E chegaron por fin as vacacións. Xa había ganas!

Temos un verán para cargar as pilas e chegar en setembro cunha mochila chea de ilusións.

A disfrutar e ata pronto.

29 de xuño de 2023

CALENDARIO ESCOLAR 2023-2024

Xa podedes descargar os calendarios escolares do próximo curso, o anual ou os mensuais, coas festas do noso Concello.

PROXECTO COMPETENCIAL

Podemos ver e oír os proxectos finais da materia en 1º e 3º da ESO. 

24 de xuño de 2023

FESTA DE FIN DE CURSO, 2023

Xa podemos ver algunha imaxe da nosa festa de fin de curso que, como cada ano, suma o festival de música coa graduación da última promoción.

O luns prometemos subir todas as que faltan. Picade na foto para entrar na galería.




20 de xuño de 2023

CONCURSO BANDA DESEÑADA

  •  1º/2º ESO
    • PRIMEIRO PREMIO: ARIADNE RODRÍGUEZ MIGUÉLEZ, 1º B
    • SEGUNDO PREMIO: ANDREA ISABEL ORTIZ SALGADO, 1º B
  • 3º/4º ESO
    • PRIMEIRO PREMIO: ESTELA SENDÍN RODRÍGUEZ E CLAUDIA SIMÓN GONZÁLEZ, 3º B
    • SEGUNDO PREMIO: ÉRIKA MARIÑO ÁLVAREZ E NOA RODRÍGUEZ BLANCO, 4º A
Entrade na foto para ver as súas creacións.
Na festa de final de curso recibirán o seu agasallo.

16 de xuño de 2023

A REVISTA

Xa na rúa, a último número da revista que publican, dende Dinamización Lingüística, con moitas das actividades do centro.
A por ela!!!

VÍDEOS PRESTIGE

Na exposición "20 anos do Prestige", o alumnado elaborarou en TIC, con Jose e CLemen, vídeos con datos e entrevistas. Aquí os podedes ver.

Bravo polo voso traballo.

Entrade na imaxe e despois picade no enlace do vídeo que queirades ver.

15 de xuño de 2023

APERITIVO FESTIVAL FIN DE CURSO

Con isto xa podemos imaxinar o que nos agarda o mércores 21!!!



14 de xuño de 2023

MÚSICA POLA IGUALDADE

Xa temos os resultados do programa educativo Género Educa, de Grupo Koremi, no que participou o alumnado de 3º ESO e estivo financiado polo Concello da Cañiza e a Deputación de Pontevedra.
Picade no enlace para ver as letras e as versións instrumentais.
Parabéns ao alumnado polo traballo.