30 de nov. de 2023

DÍA DA DISCAPACIDADE

O 3 de decembro, día da discapacidade, pode ser un bo momento para ver Cuerdas,  curtametraxe de Pedro Solís García, gañadora do Goya 2014 na categoría de "Mellor curtametraxe de animación española".
Para ver máis posibilidades entra aquí

27 de nov. de 2023

NADAL, 2023

Preparamos o Nadal, dende Dinamización, coñecendo as tradicións de distintas partes do mundo.
Red, Green and Yellow Modern Holiday Wish List Letter to Santa Notes A4 Document de cristina castro

26 de nov. de 2023

25 N EN SECUNDARIA

Moitas cousiñas por este día:

  • Animados polo Dpto de Orientación, decoramos un tramo de escaleiras, gracias á colaboración do concello, cos lemas do noso alumnado.
  • Biblioteca, Dinamización Lca e Extraescolares propuxeron a actividade de interpretación de camisetas. Debémoslle a realización a Ángel co alumnado de Plástica e aos titores de 2º. Con elas fixemos tendais ben simbólicos.

21 de nov. de 2023

MAGOSTO, 2023

Por fin o tempo acompañou e puidemos celebrar, con festa holi incluída.
Entrade na galería.

15 de nov. de 2023

25 N, 2023

Proposta de biblioteca, Extraescolares e Dinamización para conmemorar o día.

3 de nov. de 2023

SAMAÍN, 2023

O túnel do terror é xa mítico, pero tamén os xogos terroríficos e a diversión!

Aquí andamos todos. Picade na foto para entrar á galería.