23 de dec. de 2023

BO NADAL

Aproveitando a iluminación do concello, dende a biblioteca desexamos, a toda a comunidade educativa, FELIZ NADAL.

DESPEDINDO O TRIMESTRE

O coro, dirixido por Ruta, amenizou a xornada, pero houbo tamén xogos e bailes que animan a comezar as vacacións con moitas ganas.


Picade na foto para entrar na galería.

GAÑADORES POSTAIS NADAL

Xa temos gañadores do concurso de postais:

  • Xián, Eva e Marola de  4º
  • Valentina, Isabella, Iria M. C. e Héctor P. A. de 3º
  • Noa, Marco e Martina de 1º
Picade na imaxe para ver as gañadoras.

O NADAL NO MUNDO

Con este mapa que Dinamización Lingüística creou, coas titorías, nas escaleiras de acceso, coñecemos as tradicións de Nadal distintas partes do mundo.


PORTA BIBLIO, 2023

Aquí os gañadores, Antía e Izan, de 1º A. Axústanse perfectamente ao proxecto presentado. Non si?
 


17 de dec. de 2023

A NOSA PALABRA DO ANO, 2023

Xa están as finalistas da palabra do ano 2023, no Portal das Palabras. E non tivemos sorte coa nosa, CAMPIOAS.

Picade na imaxe para informarvos sobre cada unha das finalistas e votar pola que vos guste.

POSTAIS NADAL

Aínda que están en proceso, xa podemos ir vendo algo dos nosos creadores.





11 de dec. de 2023

PORTA BIBLIOTECA, 2023

Xa temos gañadores. Agora só queda realizar o proxecto con éxito e recibir o agasallo.

Os autores son: Antía González Pedrosa e Izan Jiménez Delgado, de 1º ESO A.

5 de dec. de 2023

GAÑADORES 25N

Na actividade de decoración de camisetas cos lemas do 25N xa hai gañadores: