27 febreiro 2026

VISITA CIFP A GRANXA

Hoxe acudiron ao centro membros do equipo de Orientación do CIFP A GRANXA (Ponteareas) para divulgar a oferta de FP entre o alumnado de 3º e 4º ESO.

DÍA DE ROSALÍA

Celebramos Rosalía cunha montaxe visual de Mirian (4º ESO C) en IA.
Nesta intervención, xogan coa cultura e a historia de Galicia conectando legado e modernidade. Adaptan, así, a identidade galega ás novas xeracións.

17 febreiro 2026

DÍA DE ROSALÍA, 2026

O Día de Rosalía de Castro pasou a celebrarse o 23 de febreiro, auténtica data de nacemento da poeta.

A Xunta de Galicia e as institucións vencelladas á autora deciden cambiar a efeméride tras a aparición de nova documentación que desvela a súa data real.

RECURSOS PARA CONMEMORAR O DÍA AQUÍ

14 febreiro 2026

SAN VALENTÍN

Realizado no 2022 polo alumnado da que, naquel momento,
era a profesora de Plástica, Tania

No 14 de febreiro, moito amor para todos con recomendacións lectoras e recursos.

ENTROIDO, 2026

En Secundaria, o centro vestiu de entroido e, como o tema é o MONTE, Iria (profe de Plástica), co alumnado de 4º da ESO recreou o monte autóctono.

A Meca tamén fixo das súas.

Mirade aquí.

10 febreiro 2026

PLAN DIRECTOR

Esta semana visitounos o equipo do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos.
Axentes da Garda Civil impartiron charlas, en 2º e 3º da ESO, sobre temáticas de interese e necesidade para o noso alumnado: adicións, ciberseguridade, delitos de odio e prevención de delitos sexuais.