xoves, 10 de maio de 2018

XOGOS

Como xa anunciamos, temos xogos novos: Virus, Dixit, Código secreto, cubos de rubik, Story Cubes, Hive e Cortex. Tamén renovamos os antigos con novos taboleiros e fichas para xadrez, damas e parchís.
Para garantir a súa conservación, recordade:
Normas de uso:
  • Os usuarios deberán acudir á biblioteca a solicitar o xogo desexado. Quen o recolle será o encargado de devolvelo.
  • Só se presta un xogo por usuario.
  • O uso será, exclusivamente, na zona do vestíbulo.
  • Haberá que cubrir o rexistro que hai para tal fin.
Responsabilidades:
  • Custodiar e coidar o xogo durante o préstamo.
  • Advertir ao persoal da biblioteca de calquera anomalía ou dano que se observe.
  • Non dobrar, marcar, romper, escribir... nos elementos do xogo.
  • O profesor responsable encargarase de: manter a calma na zona, axudar aos principiantes, potenciar o xogo limpo, procurar que recollan con tempo.
Incumprimento das normas:
  • Calquera actuación contraria as normas suporá a suspensión do servizo de préstamo temporal ou indefinidamente ou a sanción disciplinaria.
  • O roubo, destrución ou deterioro irreparable do xogo ou dos seus accesorios implica a reposición con outro de similares características.

Ningún comentario:

Publicar un comentario