VISITA 6º, 2025

Póster vuelta al cole ilustrado multicolor de Alba Gonzalez Viso

O futuro alumnado de 1º da ESO (de Arbo, Valeixe, Crecente e Cañiza) vén de visita e aproveitaremos a xornada para que nos coñeza.

Convertiremos en guías aos antigos compañeiros e levarán un pequeniño agasallo que preparamos especialmente para eles.

Agardámosvos!!!

25 de abr. de 2025

ENFIANDO VERSOS III, 2025

Pincha na imaxe para ir vendo os recitados de cada curso.
 

DÍA DO LIBRO, 2025

Como aperitivo neste día podemos ver "Los fantásticos libros voladores del Sr. Morris Lessmore", unha curta de animación gañadora dun Oscar no 2012.

14 de abr. de 2025

CANTARES DE PRIMAVERA, 2025

Non puidemos despedir o trimestre coas actividades deportivas (cancelamos polas previsións meteorolóxicas, que ao final non se cumpriron), pero si co concerto de primavera que Ruta (profesora de música) organiza co coro e con alumnos de 2º.

Houbo canto, pero tamén baile. Entrade na galería.

7 de abr. de 2025

CHARLAS CULTURAIS EN INGLÉS

Hoxe, día 7 de abril, o irlandés Johnny Flynn (da editorial Burlington Books) achegouse á Cañiza para dar dúas charlas culturais. 

Mentres a rapazada de 2 da ESO aprendeu sobre diferentes aspectos do Reino Unido, a de 1 da ESO fixo o propio sobre os Estados Unidos. 

Dun xeito ameno, o relator fixo varias preguntas e repartiu algún premio!! 

Esperamos ver a Johnny o ano próximo!

1 de abr. de 2025

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Visitamos coas titorías a aula específica do centro; ao concienciar, construiremos un mundo máis inclusivo. Galería

Para saber máis:
  • Olga Lalín e Seso Durán, pais de Manuel, un pequeno de seis anos que ten autismo, publican un vídeo para darlle visibilidade a este trastorno. Piden, ademais, a súa difusión. Aquí o tedes.