30 abril 2025
VISITA 6º, 2025
O futuro alumnado de 1º da ESO (de Arbo, Valeixe, Crecente e Cañiza) vén de visita e aproveitaremos a xornada para que nos coñeza.
Convertiremos en guías aos antigos compañeiros e levarán un pequeniño agasallo que preparamos especialmente para eles.
Agardámosvos!!!
25 abril 2025
23 abril 2025
DÍA DO LIBRO, 2025
14 abril 2025
CANTARES DE PRIMAVERA, 2025
Non puidemos despedir o trimestre coas actividades deportivas (cancelamos polas previsións meteorolóxicas, que ao final non se cumpriron), pero si co concerto de primavera que Ruta (profesora de música) organiza co coro e con alumnos de 2º.
Houbo canto, pero tamén baile. Entrade na galería.
07 abril 2025
CHARLAS CULTURAIS EN INGLÉS
Mentres a rapazada de 2 da ESO aprendeu sobre diferentes aspectos do Reino Unido, a de 1 da ESO fixo o propio sobre os Estados Unidos.
Dun xeito ameno, o relator fixo varias preguntas e repartiu algún premio!!
Esperamos ver a Johnny o ano próximo!
03 abril 2025
01 abril 2025
DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO
- Olga Lalín e Seso Durán, pais de Manuel, un pequeno de seis anos que ten autismo, publican un vídeo para darlle visibilidade a este trastorno. Piden, ademais, a súa difusión. Aquí o tedes.
- Guía para familias: "Un niño con autismo en la familia"
- Guía para padres de adolescentes con autismo. ¿Cómo motivar a mi hijo?.
- Recursos de Educación 3.0 para que os alumnos melloren na súa aprendizaxe.
- Moi recomendable tamén o documental “María y yo” (en rtve a la carta) que trata a vida de María, filla do debuxante Miguel Gallardo.