23 decembro 2025

TRADICIÓNS DE NADAL

Recordamos un capítulo do 2006, do mítico Alalá, no que Concha de Luneda falaba das tradicións do Nadal.

22 decembro 2025

FIN DE TRIMESTRE

Despedimos o trimestre coa festa de Nadal: decoración, actividades deportivas, coro...
4º ESO, C

17 decembro 2025

PORTA BIBLIO, 2025

Xa temos a porta montada.
Para conseguilo pedimos axuda a estas alumnas de 4º. Sen elas, isto non sería posible!
Grazas aos que presentaron o deseño, pero grazas chicas por realizalo. Menos mal que contamos con vós!


14 decembro 2025

MERCADIÑO SOLIDARIO

O 18 de decembro celebrarase, no patio e soportais de Primaria, un Mercadiño de Nadal solidario. Os cartos recadados coa venda doaranse á Protectora de animais Aloia.

Os alumnos de Secundaria visitarémolo por quendas e podemos colaborar mercando algún dos seus produtos.

08 decembro 2025

DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS, 10 de decembro


Máis recursos:





PORTA BIBLIOTECA

Xa temos o proxecto gañador: o presentado por Álvaro, Xurxo e Izan de 1º B.

Agora toca realizalo; o martes haberá que poñerse man á obra!

CONSTITUCIÓN E ESTATUTO DE AUTONOMÍA, semana do 6 de decembro

Outros recursos para conmemorar esta data:
  • Taller literario. Despois de analizar anuncios publicitarios moi coñecidos, respondede:
    • Onde está a clave do seu éxito?
    • Que tópicos recollen? Serven para caracterizarnos polo mundo adiante?
    • Que aspectos nos fan sentir orgullosos de ser galegos? Cales non?




  • Análise de estereotipos e posibilidade de crear un mapa similar que recolla a idea que temos de nós mesmos e dos demais. Podemos tomar como punto de partida 13 estereotipos dos españoles... de El Huffington Post.
Un mapa que, con escaso rigor científico e/ou etnográfico, recolle o que pensan os nosos veciños de nós. Acaso terán razón?

CONMEMORANDO O 25N

Departamento de Plástica e alumnas de 4º

21 novembro 2025

MAGOSTO, 2025

 Por fin, hoxe, puidemos celebrar. Mirade que ben o pasamos.

MAGOSTO, 2025

O tempo permitirá hoxe a celebración? Agardamos que si.

20 novembro 2025

MÚSICA E NOVAS TECNOLOXÍAS

Guiados polo profesor Didier Díaz Magan, os alumnos de 3° ESO ahegáronse ás novas tecnoloxías en música, mesturando as pistas de música electrónica a través dunha aplicación.
Xa temos DJ na Cañiza!

16 novembro 2025

25 N

Polos creativos colaboran cos clubs de lectura no deseño e creación de pulseiras. Coa súa venda, conseguirán unha axuda para a excursión de fin de curso.

OCHO SEÑALES, NOELIA MÍGUEZ

 

Un ano máis, o alumnado de 3º tivo a oportunidade de escoitar a Noelia Míguez. A autora presenta Ocho señales, un relato autobiográfico que detalla a relación de abuso, psicolóxico e físico, que case lle custa a vida.

Noelia, a través do libro, busca concienciar á sociedade sobre a violencia de xénero, para que poidamos recoñecer os sinais de alerta nas relacións abusivas.


06 novembro 2025

PREMIO CERVANTES, 2025

O escritor mexicano Gonzalo Celorio foi galardoado co Premio Cervantes 2025, o máximo recoñecemento das letras hispanas.

Narrador, ensaísta e docente, Celorio conta cunha extensa traxectoria literaria de máis de cinco décadas. A súa obra aborda temas como a identidade, a memoria, a educación sentimental e a perda, combinando reflexión, sensibilidade e unha profunda conexión coa cultura mexicana.

Entre os seus libros máis destacados atópanse Amor propio, Y retiemble en sus centros la tierra, El metal y la escoria e Mentideros de la memoria.


O xurado destacou a súa extraordinaria contribución ao enriquecemento da lingua e da cultura hispánicas.
O premio (que se falla a finais de ano) entrégase o 23 de abril do ano seguinte, no Paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares.

30 outubro 2025

SAMAÍN, 2025

Hoxe celebramos o Samaín cun concurso de retos terroríficos, que incluía un túnel do terror. Moitos viñemos disfrazados de xeito máis ou menos "arrepiante".
Picade na foto para entrar na galería.

O noso compañeiro, Favio (1B), recreando os Barbacáns do Val d'Arán

22 outubro 2025

AGASALLO

Estes días recibimos un agasallo; esta orixinal creación do equipo de Polos Creativos. Con ela recordamos a festa das letras pasadas e ansiamos repetila. Estamos dispostas!

E xa a temos colgada, faltaría máis!!!!
GRAZAS chicas.

 

16 outubro 2025

PREMIO PLANETA, 2025

O escritor e tertuliano Juan del Val alzouse co Premio Planeta 2025, coa novela "Vera, una historia de amor".
O autor xa fora recoñecido no ámbito literario: en 2019 gañou o Premio Primavera con "Candela" e despois publicou "Delparaíso" e "Bocabesada", todas con mulleres como protagonistas.
A obra premiada narra a vida dunha muller da alta sociedade sevillana que, atrapada nun matrimonio cun marqués, inicia unha relación cun home máis novo e de orixe humilde.
A outra protagonista da noite: a autora galega, Ángela Banzas, quedou finalista con "Cuando el viento hable", unha novela histórica ambientada na posguerra.

13 outubro 2025

PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA, 2025

O escritor Paco Cerdà foi elixido Premio Nacional de Narrativa 2025, pola súa obra Presentes, editada por Alfaguara.

O xurado destacou "a mestría estilística coa que o autor, cun lirismo tan natural como impactante, describe a construción dun mito, a través da narración do traslado dos restos de José Antonio Primo de Rivera desde Alacante ata El Escorial".

24 OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro,  unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.
O lema deste ano, "Contra a desinformación: bibliotecas", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan na loita contra a desinformación.
Para celebrar o día, participa no concurso que vos propuxemos aquí.

DÍA DAS ESCRITORAS, 2025

Hoxe celebramos o Día das Escritoras. Trátase dunha iniciativa organizada por entidades varias (Biblioteca Nacional de España, FEDEPE, Asociación Clásicas e Modernas...) coa que se busca reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

A X Edición celébrase este ano baixo o lema "1975: Escribide, compañeiras!l".

"As escritoras activas ao redor de 1975 reflicten en moitas das súas obras o desexo dun cambio profundo e radical nas vidas das mulleres, denuncian a falta de liberdade e de autonomía, dan testemuño do que ocorre fóra de España, esixen unha nova orde amorosa e un cambio nas leis que as veu marxinando durante o franquismo".

Escolma de textos en galego

A Biblioteca Nacional

O día no Portal das palabras

11 outubro 2025

PREMIO NOBEL DE LITERATURA, 2025

O escritor húngaro László Krasznahorkai recibiu o premio Nobel de Literatura 2025, grazas a novelas como "Tango Satánico", "La melancolía de la resistencia" ou "Herscht 07769", unha das súas últimas obras.

05 outubro 2025

SAMAÍN, 2025

Estamos decorando os espazos.
Queredes colaborar para que resulten terrrrrrrroríficos?
Aquí un titorial

01 outubro 2025

CLUB LECTURA

 Os de Muchachada lectora xa están organizados.

Se algún se despistou aínda está a tempo. Preguntade na biblioteca ou a calquera profe, se estades interesados.

28 setembro 2025

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, 2025

Leire Bilbao, premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2025, cunha obra editada únicamente en euskera.

A autora foi galardoada por ‘Klera’ no que aborda con “beleza poética temas tan crus como a guerra”, segundo o xurado.

Klera, en realidade, é un libro coral, como suxiren os seis nomees na súa portada. Leire Bilbao é a escritora do conto, ilustrado por June San Sebastian. Ademais, conta con música de Maite Larburu e coreografías de danza da compañía Kukai, dirixida por Jon Maya, e gravadas en vídeo por David Bernués, aos que se accede a través de códigos QR integrados nas ilustracións.

24 setembro 2025

GALICIA SABE AMAR

Hoxe visitounos a "foodtruck" de GALICIA SABE AMAR para traernos, con dous petiscos de produtos do mar, o sabor das rías galegas.

Con esta campaña, a Xunta de Galicia busca animar á cidadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.


19 setembro 2025

II XORNADA DE SAÚDE

Hoxe, recibimos aos compañeiros do Servixo de Atención Primaria (SAP) da Cañiza, para fomentar hábitos saudables entre o alumnado.

Nesta segunda edición, os obradoiros práticos trataron sobre alimentación, prevención do tabaquismo e resucitación cardiopulmonar (RCP).

Agardamos repetir!!!

Para máis fotos, pincha na imaxe

18 setembro 2025

PREMIO NACIONAL DE CÓMIC, 2025

Candela Sierra, Premio Nacional de Cómic 2025 por ‘Lo sabes aunque no te lo he dicho’, un repaso gráfico con ironía e intelixencia ás manías da sociedade contemporánea.


11 setembro 2025

PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DAS LETRAS, 2025

Eduardo Mendoza foi galardoado co Premio Princesa de Asturias das Letras 2025, un recoñecemento á súa decisiva achega á narrativa contemporánea en lingua española.

Eduardo Mendoza naceu en Barcelona en 1943. Desde o seu debut en 1975 con La verdad sobre el caso Savolta —obra que marcou un antes e un despois na literatura española do século XX e pola que recibiu o Premio da Crítica—, consolidou unha carreira literaria tan prolífica como versátil.

Tras La verdad sobre el caso Savolta publicou: El misterio de la cripta embrujada, El laberinto de las aceitunas, La ciudad de los prodigios, Sin noticias de Gurb, Una comedia ligera, La aventura del tocador de señoras (2001), El asombroso viaje de Pomponio Flato, El secreto de la modelo extraviada, Tres enigmas para la Organización...

10 setembro 2025

PREMIO CERVANTES CHICO, 2025

David Lozano foi galardoado co XXIX Premio Cervantes Chico 2025, un dos recoñecementos máis prestixiosos do xénero en España, impulsado polo Concello de Alcalá de Henares.

O seu debut literario foi en 2006, cando gañou o premio Gran Angular coa novela Donde surgen las sombras. Desde entón, cultivou un estilo propio, centrado no suspense e a intriga, especialmente dirixido a un público xuvenil. Obras como Hyde, Cielo Rojo, Valkiria ou a triloxía La Puerta Oscura consolidaron a súa reputación.