En Secundaria, traballadores e alumnado crean unha exposición ben particular.
A entroidar!!!!!
Dende esta biblioteca tamén nos sumamos a esa mobilización social.
Convidados por Dinamización Lingüística, os de Orgullo Galego visitáronnos para transmitir, ao alumnado de 4º da ESO, o valor da nosa lingua, cultura, historia e tradicións. Neste caso, ao estar tan preto, o tema foi o Entroido.
Que farías se, de repente, unha serie de catástrofes naturais botan abaixo o mundo tal e como o coñecemos?Marco e mais a súa familia afrontarán unha fugaz fuxida, cara ás montañas do Courel, na procura de acubillo. Esta carreira conduciraos a un lugar completamente insospeitable. O novo escenario que se abre ante eles amosaralles unha realidade diametralmente distinta á que coñecen, e fará que se enfronten a misterios que, ata agora, agardaban ocultos nas profundidades...
Temos a sorte de contar co seu autor, Guillelme Denís Castillo, como compañeiro. Pedide o libro na biblio, estavos agardando.
Non sei se sabedes que, xunto co club de lectura, temos un club de cómic, ben activo todos os recreos da semana, na aula de Plástica con Ángel.
Empezamos a ver as súas producións.
![]() |
| Simulación |