26 de xuño de 2025

FESTIVAL E GRADUACIÓN, 2025

Non puido ser na data prevista, pero aquí estivemos hoxe celebrándoo a tope.
Despedíronse os de 4º cunha mestura de emocións: alegría por rematar unha etapa, tristeza por despedirse, inquietude ao comezar una nova aventura, incerteza ante os novos retos...
Lembrade que aquí as portas estarán sempre abertas para vós.
Parabéns, graduados!!!
Graduación 2025 de elena

20 de xuño de 2025

CALENDARIO ESCOLAR 2025-2026

E aínda sen rematar o 24-25, xa podedes descargar os calendarios escolares do 25-26, o anual ou os mensuais, coas festas locais.

18 de xuño de 2025

IOGA

Hoxe fixemos ioga co profe José Luis, do IES da Cañiza. Foi en inglés e tivemos a participación de antiguos alumnos.

17 de xuño de 2025

MÚSICA POLA IGUALDADE

Xa temos os resultados do programa educativo XÉNERO VERSOS, no que participou o alumnado de 3º ESO.

Escoitade e lede. E parabéns ao alumnado polo traballo.











5 de xuño de 2025

EXCURSIÓN DO CORO

Hoxe, os alumnos de coro visitaron as termas de Salvatierra, e quedaron  moi  relaxados para afrontar os  últimos examenes do  curso. Gozaron no parque de Canuda, visitaron a vila de Monçao, en  Portugal, fixeron algunhas compras na feira e actuaron na praza do pobo.