20 novembro 2025

MÚSICA E NOVAS TECNOLOXÍAS

Guiados polo profesor Didier Díaz Magan, os alumnos de 3° ESO ahegáronse ás novas tecnoloxías en música, mesturando as pistas de música electrónica a través dunha aplicación.
Xa temos DJ na Cañiza!

16 novembro 2025

25 N

Polos creativos colaboran cos clubs de lectura no deseño e creación de pulseiras. Coa súa venda, conseguirán unha axuda para a excursión de fin de curso.

OCHO SEÑALES, NOELIA MÍGUEZ

 

Un ano máis, o alumnado de 3º tivo a oportunidade de escoitar a Noelia Míguez. A autora presenta Ocho señales, un relato autobiográfico que detalla a relación de abuso, psicolóxico e físico, que case lle custa a vida.

Noelia, a través do libro, busca concienciar á sociedade sobre a violencia de xénero, para que poidamos recoñecer os sinais de alerta nas relacións abusivas.


06 novembro 2025

PREMIO CERVANTES, 2025

O escritor mexicano Gonzalo Celorio foi galardoado co Premio Cervantes 2025, o máximo recoñecemento das letras hispanas.

Narrador, ensaísta e docente, Celorio conta cunha extensa traxectoria literaria de máis de cinco décadas. A súa obra aborda temas como a identidade, a memoria, a educación sentimental e a perda, combinando reflexión, sensibilidade e unha profunda conexión coa cultura mexicana.

Entre os seus libros máis destacados atópanse Amor propio, Y retiemble en sus centros la tierra, El metal y la escoria e Mentideros de la memoria.


O xurado destacou a súa extraordinaria contribución ao enriquecemento da lingua e da cultura hispánicas.
O premio (que se falla a finais de ano) entrégase o 23 de abril do ano seguinte, no Paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares.