03 novembro 2026
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Neste espazo ofrecemos elementos motivadores cos que debatir e sensibilizar e, ademais, un banco de recursos.
É importante detectar a desigualdade para loitar contra ela; só educando en igualdade a homes e mulleres estaremos contribuíndo a reducir e eliminar a secuela da violencia de xénero.
1.- Campaña do 2025 contra a violencia vicaria, de Igualdade.
2.- "Vestida así, normal que..." recuperamos unha campaña da BBC, na que esta frase é un claro reflexo da cultura da culpa que se impón sobre as mulleres pola súa forma de vestir.
3.- "El bello Rafa Nadal", de Barbijaputa para el diario.es
Recuperamos un artigo publicado no 2016 no que a autora utiliza a forma de falar e escribir que se emprega con frecuencia para falar das mulleres deportistas.
4.- ¡Qué niña tan bonita!
Curta de Alicia Ródenas con texto de Ro de la Torre coa que se presentou á sétima edición do concurso de curtas do instituto Diego Siloé de Albacete.
Ao longo do vídeo, a moza le cen frases ás que cada muller está exposta desde a súa nenez; entre outras: "Se te ven xogar cos mozos chamaranche marimacho" ou "Non sexas tan bruta xogando, pareces un neno".
Ao longo do vídeo, a moza le cen frases ás que cada muller está exposta desde a súa nenez; entre outras: "Se te ven xogar cos mozos chamaranche marimacho" ou "Non sexas tan bruta xogando, pareces un neno".
5.- Sexismo no deporte
"Poderías dar unha volta para nós e dicirnos algo sobre o teu vestiario?" Esta é unha de tantas preguntas que os xornalistas deportivos lles fan ás atletas e que recolle a campaña #CovertheAtlete.
Pois ben, como reaccionarían eles de seren tratados do mesmo xeito?
Pois ben, como reaccionarían eles de seren tratados do mesmo xeito?
6.- As nenas poden
Campaña que nos invita a todos para que a igualdade desde a infancia sexa un obxectivo prioritario.
7.- De par... en par
Trátase da campaña do SAAMA (Servizo de Apoio e Atención contra o Machismo). Cos textos de Neus Nebón e as ilustracións de Tania Acuña, este vídeo serve como test a todas esas condutas do día a día que forman parte da pirámide machista que remata na violencia contra as mulleres.
8.- Como actuamos ante a violencia machista?
Todo o mundo rexeita, sen ningún tipo de paliativos, a violencia contra as mulleres. Pero, que acontece cando somos testemuñas en primeira persoa deste tipo de agresións?
A compañía sueca STHLM Panda decidiu comprobar a reacción da xente ante a violencia de xénero. Cunha cámara oculta instalada nun ascensor, un home ameaza e agride a súa suposta parella, ante unha testemuña.
Abonda con ver o vídeo para comprobar que, aínda que a opinión e actitude da maioría cidadá é totalmente contraria a este tipo de violencia, á hora da verdade, non se actúa en consecuencia. Só unha das 53 vítimas da cámara oculta reacciona ante a agresión.
Na biblioteca, ese día, con marcapáxinas, música, libros e audiovisuais intentaremos sensibilizar, previr ou detectar situacións de risco.
Na biblioteca, ese día, con marcapáxinas, música, libros e audiovisuais intentaremos sensibilizar, previr ou detectar situacións de risco.
31 outubro 2026
SAMAÍN, 2026
Bailes, o túnel do terror, sobremesas, xogos e festa encheron a xornada de risas, emocións e diversión.
Descubre todo o que aconteceu na GALERÍA.
30 outubro 2026
HOXE, NA BIBLIOTECA
Entre historias terroríficas, hai algunha que outra delicia!
Lecturas de medo e galletas de morrer, hoxe no recreo co préstamo!
29 outubro 2026
DECORAMOS POLO SAMAÍN
Alumnado de distintos cursos, capitaneado por Elena, está transformando o centro, para celebrar o Samaín como se merece.
Avanzamos algunhas fotografías, para que vaiades entrando no ambiente. Atrevédesvos a descubrir o que se agocha no noso túnel do terror?
SAMAÍN, EN PLÁSTICA
Con moita creatividade, o alumnado de Plástica deseñou cabezas terroríficas que enchen de misterio e imaxinación a entrada do cole.
Quen dixo medo?
SAMAÍN NAS TITORÍAS
A invitación a decorar a porta da aula tivo unha acollida de medo! Todas as titorías aceptaron o reto con creacións orixinais e arrepiantes.
24 outubro 2026
CAMBIO DE HORA
Esta noite non hai que esquecer...
Este costume de atrasar o reloxo en inverno e adiantalo en verán empezouse a usar de forma xeneralizada en 1974 tras a primeira crise do petróleo. O obxectivo era poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir menos electricidade.
O cambio supón un aforro potencial estimado de enerxía que podería alcanzar o 5%, ao redor de 300 millóns de euros, segundo estimacións do Instituto de Diversificación para o Aforro Enerxético (IDAE).
Non obstante, non todo o mundo está de acordo con este cambio de hora. A Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois (ARHOE), insiste na importancia de non efectuar este cambio para "estar en harmonía coa luz solar".
Esta medida non só se adopta en España, senón que se leva a cabo nuns 70 países en todo o mundo; en concreto, todos os países de Europa, América do Sur, África, algunhas zonas de Estados Unidos e Canadá. É Xapón o único país industrializado que non se adaptou a esta normativa.
19 outubro 2026
DÍA DAS ESCRITORAS, 2026
Hoxe celebramos o Día das Escritoras. Trátase dunha iniciativa organizada por entidades varias (Biblioteca Nacional de España, FEDEPE, Asociación Clásicas e Modernas...) coa que se busca reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Como en edicións anteriores, a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, polo que a XI edición celébrase este ano o 19 de outubro baixo o lema "As amigas como forma de liberdade". Nesta
Nesta ocasión, a celebración rende homenaxe ao centenario do Lyceum Club Feminino, unha institución fundada en Madrid en 1926 que reuniu mulleres intelectuais e creadoras comprometidas coa cultura, a educación e a igualdade.
Entre as escritoras vinculadas a este círculo destacan María Lejárraga, Elena Fortún, Carmen Conde, María Teresa León e Zenobia Camprubí, mulleres que, a través das súas palabras e do seu compromiso, contribuíron a transformar a sociedade do seu tempo.
17 outubro 2026
24 OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS
Cada 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Desde 2019 incorpórase o lema 'Aptas para todos os públicos' que estará presente en todas actividades que se poñan en marcha.
O lema deste ano, “Sen profesionais non hai bibliotecas”, quere poñer no centro ás persoas que fan posible que as bibliotecas sexan moito máis que un simple conxunto de recursos, andeis e espazos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)








.jpeg)
.jpeg)



