05 novembro 2026
04 novembro 2026
03 novembro 2026
PREMIO CERVANTES, 2026
A escritora Cristina Fernández Cubas recibe o Premio Cervantes 2026, o máximo recoñecemento das letras en lingua castelá.
Nacida en Arenys de Mar (Barcelona) en 1945, é unha das grandes voces do conto contemporáneo. A súa obra destaca pola imaxinación, o misterio e a capacidade de transformar situacións cotiás en historias sorprendentes.
Entre os seus libros máis coñecidos están Mi hermana Elba, Los altillos de Brumal, El ángulo del horror, Parientes pobres del diablo, La habitación de Nona e Lo que no se ve.
Este galardón recoñece unha traxectoria literaria marcada pola orixinalidade e pola renovación do relato breve.
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Neste espazo ofrecemos elementos motivadores cos que debatir e sensibilizar e, ademais, un banco de recursos.
É importante detectar a desigualdade para loitar contra ela; só educando en igualdade a homes e mulleres estaremos contribuíndo a reducir e eliminar a secuela da violencia de xénero.
1.- Campaña do 2025 contra a violencia vicaria, de Igualdade.
2.- "Vestida así, normal que..." recuperamos unha campaña da BBC, na que esta frase é un claro reflexo da cultura da culpa que se impón sobre as mulleres pola súa forma de vestir.
3.- "El bello Rafa Nadal", de Barbijaputa para el diario.es
Recuperamos un artigo publicado no 2016 no que a autora utiliza a forma de falar e escribir que se emprega con frecuencia para falar das mulleres deportistas.
4.- ¡Qué niña tan bonita!
Curta de Alicia Ródenas con texto de Ro de la Torre coa que se presentou á sétima edición do concurso de curtas do instituto Diego Siloé de Albacete.
Ao longo do vídeo, a moza le cen frases ás que cada muller está exposta desde a súa nenez; entre outras: "Se te ven xogar cos mozos chamaranche marimacho" ou "Non sexas tan bruta xogando, pareces un neno".
Ao longo do vídeo, a moza le cen frases ás que cada muller está exposta desde a súa nenez; entre outras: "Se te ven xogar cos mozos chamaranche marimacho" ou "Non sexas tan bruta xogando, pareces un neno".
5.- Sexismo no deporte
"Poderías dar unha volta para nós e dicirnos algo sobre o teu vestiario?" Esta é unha de tantas preguntas que os xornalistas deportivos lles fan ás atletas e que recolle a campaña #CovertheAtlete.
Pois ben, como reaccionarían eles de seren tratados do mesmo xeito?
Pois ben, como reaccionarían eles de seren tratados do mesmo xeito?
6.- As nenas poden
Campaña que nos invita a todos para que a igualdade desde a infancia sexa un obxectivo prioritario.
7.- De par... en par
Trátase da campaña do SAAMA (Servizo de Apoio e Atención contra o Machismo). Cos textos de Neus Nebón e as ilustracións de Tania Acuña, este vídeo serve como test a todas esas condutas do día a día que forman parte da pirámide machista que remata na violencia contra as mulleres.
8.- Como actuamos ante a violencia machista?
Todo o mundo rexeita, sen ningún tipo de paliativos, a violencia contra as mulleres. Pero, que acontece cando somos testemuñas en primeira persoa deste tipo de agresións?
A compañía sueca STHLM Panda decidiu comprobar a reacción da xente ante a violencia de xénero. Cunha cámara oculta instalada nun ascensor, un home ameaza e agride a súa suposta parella, ante unha testemuña.
Abonda con ver o vídeo para comprobar que, aínda que a opinión e actitude da maioría cidadá é totalmente contraria a este tipo de violencia, á hora da verdade, non se actúa en consecuencia. Só unha das 53 vítimas da cámara oculta reacciona ante a agresión.
Na biblioteca, ese día, con marcapáxinas, música, libros e audiovisuais intentaremos sensibilizar, previr ou detectar situacións de risco.
Na biblioteca, ese día, con marcapáxinas, música, libros e audiovisuais intentaremos sensibilizar, previr ou detectar situacións de risco.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





