O escritor mexicano Gonzalo Celorio foi galardoado co Premio Cervantes 2025, o máximo recoñecemento das letras hispanas.
Narrador, ensaísta e docente, Celorio conta cunha extensa traxectoria literaria de máis de cinco décadas. A súa obra aborda temas como a identidade, a memoria, a educación sentimental e a perda, combinando reflexión, sensibilidade e unha profunda conexión coa cultura mexicana.
Entre os seus libros máis destacados atópanse Amor propio, Y retiemble en sus centros la tierra, El metal y la escoria e Mentideros de la memoria.
O xurado destacou a súa extraordinaria contribución ao enriquecemento da lingua e da cultura hispánicas.
O premio (que se falla a finais de ano) entrégase o 23 de abril do ano seguinte, no Paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares.


Ningún comentario:
Publicar un comentario