17 de maio de 2025

FIADEIRO 2025

Celebramos as Letras con intensidade: obradoiros de coplas e baile, actuacións de coro, pandereteiras e moita troula.

Grazas Artur Puga e ACS Sta Cristina de Valeixe polo voso acompañamento e, sobre todo, grazas a profesorado e alumnado pola participación activa. Cando organizabamos o fiadeiro, nin imaxinabamos que se puidese producir un momento como este, no que todo o centro bailaba no patio ao son da música tradicional.

 Estamos dispostos a repetir! E vós?


Ningún comentario:

Publicar un comentario