Hoxe, o alumnado de 2° ESO viaxou á Idade Media no Castelo de Sobroso (en Mondariz). Alí, puideron coñecer a historia da raíña Urraca e viron, cos seus propios ollos, como era unha fortaleza militar na Idade Media. Comprobaron, in situ, que son moi altos para as construcións desta época; algún alumno necesitaba un castelo con teitos máis altos para poder entrar polas portas.
Tamén visitaron o taller "Gaitas Gil" en Ponteareas. Alí, ademais de comprobar o proceso de construción das gaitas, axudaron ao luthier.
Ningún comentario:
Publicar un comentario