Sempre atinado, Luis Davila.
3 de mar. de 2021
17 de feb. de 2021
24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
Dende a biblioteca queremos recordar a súa figura co material que, no 2012-2013, elaboramos para a exposición anual (guía didáctica); pero, ademais, aquí temos outros recursos:
- Biografía.
- Obra.
- Textos.
- Facsímile de Follas Novas.
- Prezi das bibliotecas dos IES Ribeira de Louro e IES de Poio. (Trátase dunha adaptación da Constelación literaria de Guadalupe Jover aos poemas de Rosalía).
- Recopilatorio de actividades sinxelas para infantil e primaria recollidas en Burbullas de PT.
- Unidade didáctica de Cantares Gallegos. realizada por Os poemas do río.
- Todas con Rosalía (Primeira Parte) da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
13 de feb. de 2021
11 de feb. de 2021
8 de feb. de 2021
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, 11 FEBREIRO
O movemento #NoMoreMatildas, apoiado por importantes escritoras, científicas, institucións e medios de comunicación, denuncia un fenómeno, conocido como Efecto Matilda, que priva á sociedade de referentes femininos na ciencia.
Esta campaña, iniciada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), publica un anexo para os libros de texto e tres biografías imaxinarias de Einstein, Fleming e Schrödinger, coas que reivindica unha maior presenza das científicas e as súas achegas nos libros de texto escolares.
7 de feb. de 2021
OS DE 4º DA ESO EN LITERATURA CASTELÁ
Estes días os de 4º están produtivos e aquí nos ofrecen dúas actividades.
- Nubes de palabras sobre o Romanticismo.
Irene Ferreira
- Citas amorosas para San Valentín.
30 de xan. de 2021
DÍA DA PAZ, 2021
O alumnado de ITI, en traballo colaborativo, deseñou un decálogo para vivir en paz no colexio. Oxalá o teñamos en conta, seriamos moito máis felices.
Tamén nas distintas titorías deseñaron o símbolo da paz con post-it de cores. Pinchade na imaxe para ver máis.29 de xan. de 2021
ACTIVIDADES DÍA DA PAZ (30 XANEIRO 2021)
O 30 de Xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e A Paz. Para que poidades desfrutar deste día tan especial, deixámosvos unhas recomendacións e actividades.
CONTO: WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ.
Pinchando na imaxe poderedes ler este precioso conto.
ACTIVIDADES
26 de xan. de 2021
DÍA ILUSTRACIÓN, 30 DE XANERIO
Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano a protagonista é Lolita Díaz Baliño "... unha pioneira artista multidisciplinar que desafiou as convencións sociais da época."
É Manel Cráneo o autor do cartel deste ano, unha poderosa imaxe da que seguro teremos moitas e variadas lecturas: estéticas, literarias, históricas, mitolóxicas ... ao tempo que viaxamos polas xeografías da ilustración.
25 de xan. de 2021
26 XANEIRO, DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL
Este día busca sensibilizar ás persoas sobre a delgada liña que existe entre o desenvolvemento humano e a conservación do planeta.
En Profes por el futuro podemos atopar numerosos recursos para visibilizalo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)