26 de feb. de 2019

UN CIRCO DE POESÍA


CON MOTIVO DO ENTROIDO E O DÍA DA POESÍA, DESDE A BIBLIOTECA DE PRIMARIA QUERÉMOSVOS INVITAR A PARTICIPAR NO CIRCO DA FANTASÍA.


Se no circo da Biblioteca
queres participar
unha poesía terás 
que entregar.


 

25 de feb. de 2019

DÍA ROSALÍA, 2019

O concurso de caligramas organizado por Dinamización Lingüística deu os seus froitos. Aquí os temos xunto co mural realizado por Elvira Moroño do Departamento de Lingua Galega.

23 de feb. de 2019

MÁSCARAS DE ENTROIDO

Laura sempre nos sorprende co ailumnado de Plástica e este ano non ía ser menos.
Mirade que máscaras deseñan os seus alumnos. Teremos incluso un concurso que elixirá a mellor.

ENTROIDO 2019

Anda cerca e xa o notamos na decoración...






19 de feb. de 2019

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

Dende a biblioteca queremos recordar a súa figura co material que, no 2012-2013, elaboramos para a exposición anual (guía didáctica); pero, ademais, aquí temos outros recursos:
 http://2.bp.blogspot.com/-l_yVD2X8c2o/VOtyhU8wvdI/AAAAAAAARXc/e6srJEmeIoQ/s1600/PrtScr%2Bcapture.jpg
  • Todas con Rosalía (Segunda parte)

11 de feb. de 2019

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA DE PRIMARIA

Iago López, contounos
 " O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas"
obra da cal é autor.

Os nenos/as de infantil de 3, 4 e 5 anos, e os nenos/as de 1º e 2º de primaria,
 divertironse moito, co cociñeiro e as súas aventuras, na biblioteca de primaria..












DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, 11 FEBREIRO

Foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.


Unha táboa periódica moi especial, a proposta pola enxeñeira química Teresa Valdés Solís, que está composta por nomes de mulleres científicas.
Unha idea fabulosa para visibilizar o traballo da muller neste eido.

1 de feb. de 2019

XOGOS

Como algúns xa sabedes, no último trimestre do curso pasado mercamos xogos novos: Virus, Dixit, Código secreto, cubos de rubik, Story Cubes, Hive e Cortex. Tamén renovamos os antigos con novos taboleiros e fichas para xadrez, damas e parchís.
Para garantir a súa conservación, recordade:
Normas de uso:
  • Os usuarios deberán acudir á biblioteca a solicitar o xogo desexado. Quen o recolle será o encargado de devolvelo.
  • Só se presta un xogo por usuario.
  • O uso será, exclusivamente, na zona do vestíbulo.
  • Haberá que cubrir o rexistro que hai para tal fin.
Responsabilidades:
  • Custodiar e coidar o xogo durante o préstamo.
  • Advertir ao persoal da biblioteca de calquera anomalía ou dano que se observe.
  • Non dobrar, marcar, romper, escribir... nos elementos do xogo.
  • O profesor responsable encargarase de: manter a calma na zona, axudar aos principiantes, potenciar o xogo limpo, procurar que recollan con tempo.
Incumprimento das normas:
  • Calquera actuación contraria as normas suporá a suspensión do servizo de préstamo temporal ou indefinidamente ou a sanción disciplinaria.
  • O roubo, destrución ou deterioro irreparable do xogo ou dos seus accesorios implica a reposición con outro de similares características.