18 de dec. de 2014

NADAL 2014


MAPA DAS LINGUAS

A Global Language Network é un proxecto de MIT Media Lab  en colaboración con Aix-Marseille Université, MoBS Do Nordeste, e Harvard University e presenta un mapa das linguas do mundo co número de falantes, as traducións e as conexións con outras linguas.
O mapa recolle para o galego 4 millóns de falantes.
Máis que habitantes? Sería bonito, de non ser mentira. Que máis quixeramos e quixera o país!
Os expertos advirten de que a porcentaxe de galegofalantes baixa máis dun 8% en cinco anos e, coa tendencia actual, en 30 anos só un de cada catro habitantes de Galicia falará na súa lingua propia.
Ler máis.

14 de dec. de 2014

CARTA AOS REIS MAGOS

Unha guitarra, unha Wii, unha consola... e ata un unicornio son os agasallos que os nenos piden na carta que mandan aos Reis Magos. Pero, que pasa cando a carta vai dirixida aos pais?
Este é o plantexamento dun vídeo de pouco máis de dous minutos da multinacional Ikea. O resultado non deixa indiferente e convida a pensar no que reciben os nenos e no que realmente desexan.
 “O NADAL desmóblanos a cabeza, e nada como o fogar para volvela amoblar"

11 de dec. de 2014

GUÍA LECTURA, NADAL 2014


A porta da nosa biblio está de gala para celebrar o Nadal e abrirse a un mundo infinito.
Entra e verás...
  • Guía ESO

1 de dec. de 2014

CALENDARIO DO LIBRO E DA LECTURA, 2015

A Secretaría Xeral de Cultura vén de facer público o Calendario do libro e da lectura para o ano 2015 que, entre outras novidades, recolle o 24 de marzo como o Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Ademais desta data, o calendario lembra outras:
  • 11 de xaneiro: Día do Usuario/a das Bibliotecas.
  • 30 de xaneiro: Día da Ilustración.
  • 21 e 27 de marzo: Día Internacional da Poesía e do Teatro, respectivamente.
  •  23 de abril: Día do libro.
  • 17 de maio: Día das Letras Galegas, con Xosé Filgueira Valverde.
  • ...