26 de abr. de 2022

INNOVANDO CON MANUEL

Durante a Xornada de hoxe tivo lugar unha exhibición dos Polos creativos en Santiago. A ela acudiron 9 alumnos de Primaria co profe Manuel para amosar o seu horto.
Estamos orgullosos!!!!!!!!!!!



Pica nas fotos para entrar na galería e ver máis fotos e vídeos.

24 de abr. de 2022

CAMPIONATO AUTONÓMICO DE ORIENTACIÓN

O 29 de marzo, o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO participara no campionato provincial de orientación deportiva, con resultados moi positivos que os clasificou para o campionato autonómico en Santiago.


E o 23 de abril, aquí estiveron tamén con novos éxitos. G
razas por participar deixando o pavillón tan alto.

PARABÉNS A  ALUMNOS E PROFES!!!!

OBRADOIRO DE MÚSICA

Este venres 22, o alumnado de 3º e 4º da ESO participou nun taller de música impartido pola profesora de canto Diana Tarín.
Nos vídeos recollemos á profesora interpretando "Aleluya" de Leonard Cohen e ao alumnado dándoo todo con "Oh happy day".








O DÍA DO LIBRO EN PLÁSTICA

O alumnado de 1º de ESO, en Plástica, tamén quixo recordar a data con estes carteis colaborativos, nos que fixeron ilustracións con eslóganes animando á lectura.

22 de abr. de 2022

11 F, DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA, 2022

Para incorporar no programa Donas de si e conmemorando o día Internacional das Nenas e as Tecnoloxías da Información e a Comunicación, o alumnado de 4º da ESO na materia de TIC fixo unhas infografías, a continuación algúns exemplos.

Pica na imaxe para ver máis.

PROBAS ACCESO FP

 

Pica na imaxe para ver a información sobre as probas de acceso a grao medio.

11 de abr. de 2022

EXPOSICIÓN DÍA DO LIBRO 2022, "QUEN É? QUE LE?"

Montada xa, no vestíbulo, a exposición deste curso, que repite e adapta a do pasado dada a boa acollida.
Hai incluso un marcapáxinas de agasallo na biblioteca e un cuestionario para visitala.
Se adiviñas profesor+libro e o entregas na biblioteca antes do 31 de maio, entrarás no sorteo dun agasallo.



BOOKFACE POLO DÍA DO LIBRO


O 10 remataba o prazo para presentarse ao concurso dos bookface que o Dpto de Lingua Castelá organizaba polo día do libro. E non temos queixa coa participación.
Á espera de decidir gañadores, podedes ver aquí a produción.
Se queredes descargar a vosa foto, podedes facelo aquí.

10 de abr. de 2022

CELANOVA, 2022

O xoves 7, os Departamentos de Música e Lingua Galega organizaron unha visita a Celanova co alumnado de 4º da ESO.
O día deu para moito, visitaron o mosteiro de San Salvador e a capela mozárabe de San Miguel, a casa dos poetas, a bilblioteca do IES e, en Vilanova dos Infantes, a torre da homenaxe e a cova de San Vivián. Puideron gozar, ademais, dun concerto didáctico de órgano dirixido pola organista Marisol Mendive.
Resulta tan completa a visita que acabaremos institucionalizándoa. Entrade na galería picando na imaxe.