31 de maio de 2021

A NOSA CARTA DE PRESENTACIÓN


 

XA TEMOS LOGO PARA A RADIO

Igual que co nome, nunha primeira fase solicitamos propostas que, despois dunha primeira selección, resultaron ser as seguintes.
Sometémolas a votación entre o alumnado de 2º, 4º da ESO e o profesorado, resultando gañadora a opción 12.
Ao ser a proposta dun profesor (Andrés Pérez, de EF), a seguinte máis votada, a opción 8 de Marola Pérez-Labaca de 1º A 
será a que leve un agasallo. 

19 de maio de 2021

GAÑADORES CONCURSO DO CONCELLO

Xa coñecemos aos gañadores do concurso que o concello organizaba polas Letras Galegas.

  • POESÍA
    • 1ª CATEGORÍA: "A morte" de Zaira Lomba Álvarez (11 anos). 
    • 2ª CATEGORÍA: "Quero fuxir" de Iria F ernández Giráldez (13 anos).
  • RELATO
    • 1ª CATEGORÍA: "O gato lambón" de Manuel Pereira Iglesias (6 anos).
    • 2ª CATEGORÍA: "In-móbil" de Claudia Machado Puga (16 anos).

13 de maio de 2021

III CONCURSO DE PODCASTS - RADIO NA BIBLIO

 Con motivo do Día das Letras Galegas 2021, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos convocou o III Concurso de Podcasts - Radio na Biblio, nesta ocasión relacionados coa figura homenaxeada este 17 de Maio: Xela Arias.

Dende o CPI da Cañiza quixemos sumarnos a este concurso e aportar uns audios gravados na radio de Infantil e Primaria. Aínda que non houbo sorte e non gañamos ningún dos premios, pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas sobre Xela Arias!


 Para escoitar os programas, premede nas imaxes.


O primeiro podcast é de todo o alumnado de 5º de Educación Infantil que nos relatan o Festival Das Letras Galegas e ata fixeron un rap e todo! 



O seguinte traballo é do alumnado de 3º de Primaria. Dende o Departamento de Orientación chega un poema de Xela Arias para todos e todas vós.





O alumnado de 6º de Primaria A tamén se quixo sumar a este concurso e xuntos gravaron unha entrevista a Xela Arias!




E, por último, un traballo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega coas alumnas de 6º de Primaria para coñecer a vida e a obra de Xela Arias.





Moitas grazas a todos e todas pola vosa implicación e participación neste proxecto. E, aos oíntes de Los 40 Colegiales, esperamos que vos guste! Vémonos no vindeiro programa!

ACTIVIDADES PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

 Para celebrar o Día das Letras Galegas, os equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca de Infantil e Primaria prepararon un concurso de preguntas sobre a homenaxeada desta edición: Xela Arias.


Comezamos cun pequeno vídeo sobre Xela Arias que debedes escoitar para coñecer un pouquiño a vida e obra desta autora galega. Premede na imaxe para ver o vídeo!





Agora que xa sabedes un montón de datos sobre a autora, é hora de participar no concurso de Dinamización da Lingua Galega. Pinchando na seguinte imaxe, accederedes a un Kahoot con preguntas sobre a vida e obra da autora. Só tedes que poñer o voso nome e darlle a comezar, escoller as preguntas correctas e... aprender un montón de cousas de Xela Arias!



KAHOOT DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA




Ademais, dende o equipo de Biblioteca de Infantil e Primaria, deixámosvos máis preguntas para que fagades por cursos. Estas son as nosas propostas! Premede en cada imaxe para acceder ao Kahoot.


KAHOOT XELA ARIAS EDUCACIÓN INFANTIL





KAHOOT XELA ARIAS 1º E 2º DE PRIMARIA






KAHOOT XELA ARIAS 3º E 4º DE PRIMARIA




KAHOOT XELA ARIAS 5º E 6º DE PRIMARIA




Para rematar, deixámosvos uns enlaces de interese para traballar a figura de Xela Arias en liña:




BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODAS E TODOS!

12 de maio de 2021

RAP PARA A IGUALDADE

Ao longo de seis sesións de traballo, o alumnado de 3º utilizou o rap para concienciar sobre a violencia machista. Neste taller foron asesorados polo produtor e compositor musical Camilo Pampín, pola rapeira viguesa Aid, e pola neuroeducadora especialista en Igualdade de Xénero e Sustentabilidade e codirectora de Xénero Educa, Cristina Míguez.
Pincha para ver máis fotos


10 de maio de 2021

MÁIS XELA

Dúas profes, Alba Carril Casanova e Ana Sánchez Sanmartín elaboraron este "Escape Room", para festexar o día das letras galegas.
"Outras voces para as Letras de Xela. Poesía nas raíces, onde nace a palabra" é unha homenaxe audiovisual a Xela Arias en varias entregas. O seu legado para a cultura galega do noso tempo preséntase aqui a través de lecturas, interpretacións e reflexións biográficas de familiares, escritores e escritoras, artistas e persoas anónimas.

Os segredos de Xela, "escape room" especial Letras Galegas 2021, deseñada por Noemí García e Belén Martín Franco.

LETRAS GALEGAS, 2021

Xela Arias foi a autora elixida pola Real Academia Galega para dedicarlle o Día das Letras 2021.

E hai moitas maneiras de achegarse a ela, aquí só algunhas:

  • O tan agardado telexornal do CPI dos Dices, Rois.
  • Presentación de Burbullas de PT

7 de maio de 2021

9 DE MAIO, DÍA DE EUROPA

Cristina, a nosa compañeira de francés, deseñou un xogo de "escape" virtual para o Día da Unión Europea. E, aínda que a maior parte está en francés, pode participar calquera alumno.

Para realizalo, teñen que escanear uns códigos  QR que está polos corredores do primeiro e segundo andar.