Dende o 2009 celebramos o 14 de marzo o día de Pi, data que o Congreso de EEUU elixiu para homenaxear a este número irracional, con intención de promover as matemáticas e as ciencias na educación. Os parlamentarios escolleron ese día porque a súa escritura en inglés (3/14) coincide co valor da ilustre constante.
Amosando publicacións coa etiqueta Curiosidades b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curiosidades b>. Amosar todas as publicacións
11 marzo 2025
10 outubro 2022
14 marzo 2019
DÍA DO NÚMERO PI
Dende o 2009 celebramos o 14 de marzo o día de Pi, data que o Congreso de EEUU elixiu para homenaxear a este número irracional, con intención de promover as matemáticas e as ciencias na educación. Os parlamentarios escolleron ese día porque a súa escritura en inglés (3/14) coincide co valor da ilustre constante.
Máis curiosidades do número pi...
Co motivo da celebración do día, dende o Departamento de Matemáticas propón, despois da lectura dun conto, a creación dun traballo en formato libre.
Quen se anima?
Co motivo da celebración do día, dende o Departamento de Matemáticas propón, despois da lectura dun conto, a creación dun traballo en formato libre.
Quen se anima?
22 novembro 2017
10 decembro 2016
28 outubro 2016
52000 LIBROS EN MOVEMENTO
A biblioteca de Nova York é unha das máis famosas e a súa sala máis reconocible é a Rose Main Reading Room.
Pois ben, despois duns arranxos importantes nos que estivo pechada, houbo que volver colocar os 52000 libros que gardaba.
Para celebralo, os bibliotecarios decidiron filmar o proceso neste time-lapse espectacular.
Para celebralo, os bibliotecarios decidiron filmar o proceso neste time-lapse espectacular.
13 marzo 2016
LOVING VINCENT
Loving Vincent será a primeira película realizada coa técnica do óleo e seguindo o estilo do pintor holandés. E, aínda que de momento só se presentou o tráiler, este xa se fixo viral.
Para a súa creación, máis de 100 pintores traballaron imitando 120 cadros do pintor en constante movemento.
Para a súa creación, máis de 100 pintores traballaron imitando 120 cadros do pintor en constante movemento.
Vía: El Huffington Post
22 xaneiro 2016
ESPECTÁCULO CÓSMICO
Un dos fenómenos máis impresionantes do universo poderase observar no ceo nunha ollada: a aliñación de 5 planetas do sistema solar.
Do 20 de xaneiro ao 20 de febreiro as órbitas de Júpiter, Venus, Marte, Saturno e Mercurio colocaranse formando unha traxectoria elíptica, creando unha aliñación sen precedentes no ceo en compañía da lúa.
Para non confundir planetas con estrelas, os planetas veranse como puntos brillantes estáticos, mentres que as estrelas titilan.
Vía Familia TIC
20 xaneiro 2016
6 MILLÓNS DE ANOS DE EVOLUCIÓN
The evolution of man's face over the course of 6 million yearsPosted by Mango News on Domingo, 8 de noviembre de 2015
08 xaneiro 2016
100 PALABRAS PARA DESIGNAR A CHOIVA
En días como os que estamos pasando convén recordar que
os galegos temos máis de cen palabras para designar a choiva, das que 61 a denominan directamente. As razóns resultan bastante obvias.
Hai xa algúns anos, Elvira Fidalgo (catedrática de Filoloxía da Universidade de Santiago) identificounas tras enquisas en máis dun cento de parroquias e localidades das catro provincias galegas, Asturias, León e Zamora.
Para resumir, aquí están algunhas:
- Para chuvia feble: Babuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa, Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo, Lapiñeira, Marmaña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla, Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo…
- Para chuvia forte: Arroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina, Chaparrada, Chuvascada, Chuvasco, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada, Xistra, Zarracina…
- Cando hai raios e tronos: Treboada, Torboada, Torbón, Trebón…
- Se vén con neve e xeo: Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada, Sarabiada, Torba…
- Cando remata de chover: Amizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar, Estrelampar…
- E cando hai condensación de auga: Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Cegoña, Fuscallo, Néboa, Neboeiro, Nebra, Zarrazina…
- Ás palabras propias para a choiva en galego, hai que engadir as expresións formadas cun elemento que indica gran cantidade, por exemplo “chover a caldeiros”, “chover a ballón”, “caer (a auga) a barullo”, “a cichón”, “a choupón”.
17 setembro 2015
IMOS Á ESCOLA
Agora que comezamos a tempada escolar, é importante non esquecer que, nalgúns lugares do mundo, a escola é un luxo para o que hai que tomar as rutas máis incribles e inimaxinables.
A próxima vez que nos queixemos por ter que coller o autobús, é posible que o debamos pensar dúas veces.
Aquí algún exemplo:
Gulu, China. Probablemente a escola máis remota do mundo, á que se chega despois de 5 horas de viaxe polas montañas.
En Zhang Jiawan Village, ao sur de China, os escolares soben escaleiras de madeira sen garantías.
En Zanskar, Himalaia indio.
En Lebak, Indonesia, cruzan unha ponte colgante danada.
Algúns voan por un cable a 400 metros sobre o río Negro de Río, Colombia.
En Beldanga, India, empregan una versión distinta do bus escolar, o tuktuk.
Nunha carreta tirada por un cabalo en Delhi, India
Estudantes cruzan o río nunha táboa en Indonesia
Perigoso camino polas montañas en Pili, China.
Na corda frouxa por enriba dun río en Padang, Sumatra, Indonesia
08 xaneiro 2015
RESOLUCIÓN ENIGMA MATEMÁTICO I
Contabamos con que, cun pouco de sorte, captariades a indirecta de que non se trataba dunha adiviña matemática; así:
- O grupo I está formado por números de liñas curvas.
- O grupo II son números de liñas rectas.
- O grupo III son números que combinan liñas rectas e curvas.
Polo tanto, o 15 e 16 son do grupo III e o 17 é do grupo II.
Gañadora: Clara Domínguez Sendín
05 novembro 2014
24 xuño 2014
AVALIAMOS A HORA DE LER E O PROXECTO LECTOR
Durante o mes de maio, profesores e alumnos fixemos unhas enquisas na que se pedía avaliásemos a hora de ler e o Proxecto Lector.
E aquí están outros resultados en gráficas.
14 marzo 2014
UNHA CIDADE DE LIBROS
Neste anuncio en stop motion os libros son os protagonistas! As persoas, as árbores, os edificios... todo está feito de libros.
05 marzo 2014
OS QUE MÁIS LEN
As cores indican o tempo de lectura semanal promedio que dedican os cidadáns a ler. Os países asiáticos van á cabeza (na India o promedio semanal é de máis de 10 horas) e España queda na parte alta dos países nos que menos se le, con algo menos de seis horas á semana.
05 febreiro 2014
SABIADES QUE?
O primeiro autobús escolar data do 1829, e foi un coche de cabalos deseñado para levar 25 nenos dunha escola de Londres.
Queredes comparar agora?
27 xaneiro 2014
CLASES DE GALEGO NAS REDES SOCIAIS
Helena Villar Janeiro sorpréndenos impartindo clases de galego en facebook.
Comezou dirixíndose a tres ou catro persoas e cada vez son máis as que se unen, comentan, dan indicacións, preguntan dúbidas e propoñen temas.
25 xaneiro 2014
ARTE URBANA
A arte da rúa contén unha mensaxe subversiva que critica á sociedade e invita á loita ou á reflexión.
Con todo, a que aquí traemos carece dese compoñente crítico e busca a mellora estética da contorna, aproveitando elementos da paisaxe urbana, en moitos casos deteriorados.
Sorprender aos viandantes cun extraordinario alarde de creatividade e encher de cor e inconformismo as nosas rúas parece ser o único obxectivo.
ARTE URBANA on PhotoPeach
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














-2.jpg)