26 de abr. de 2023

25 de abr. de 2023

ENFIANDO VERSOS I

Estamos en plena fase clasificatoria do "Enfiando versos I" e encantados coa boa resposta. A biblioteca enche cada recreo e nin nós o podemos crer!!!!!!!!!!

Atentos a esta entrada no blog porque cada día iremos enchendo a galería coas fotos e vídeos de cada curso. Picade na foto e irédelos vendo.


AVISO: Aínda que a final estaba programada para o venres, pasarémola ao MÉRCORES, ao ter os de 3º e 4º unha excursión ese día.

CONCURSO LITERARIO CONCELLO DA CAÑIZA

A escribir!!!!!!!!!

LETRAS GALEGAS NO CONCELLO

 

LETRAS GALEGAS, 2023

Francisco Fernández del Riego foi o autor elixido, pola Real Academia Galega, para dedicarlle o Día das Letras 2023.
Conxuntamente, Dinamización Lingüística e Biblioteca ofrecen algunhas maneiras de achegarse á súa figura:
  • E se neses días pasades pola biblioteca agallasarémosvos cun marcapáxinas no préstamo.

22 de abr. de 2023

DÍA MUNDIAL DA TERRA, 2023

No día de hoxe, e sempre, deberíamos recordar que "a Terra non é unha herdanza dos nosos pais, senón un préstamo dos nosos fillos".

21 de abr. de 2023

DECORANDO AS PORTAS CON LIBROS, 2023

Dinamización Lingüística, Extraescolares e biblioteca deseñaban este concurso.
E hoxe era o día!! Portas decoradas e xurado en accíón.

Formaban o xurado catro traballadores do centro e catro alumnos; cada un seleccionaba catro creacións. A mellor recibía 20 puntos, a segunda 15, a terceira 10 e a cuarta 5.

Feito o reconto final, esta sería a gañadora: 4º B

110 PUNTOS
E as finalistas, de 3º A e 2º D
65 PUNTOS
50 PUNTOS





















Continuaría o podio, Buble e Mago de Oz (45), Empieza la ESO (40), Europa Express (35)...

POLA IGUALDADE DE XÉNERO CON INFANTIL E PRIMARIA

Dende Valores, Eva (L Castelá) e ALba (Orientación) organizaban a actividade.  Nun primeiro momento pediron aos alumnos de primaria e infantil que debuxaran que querían ser de maiores; despois analizaron en 2º e 3º da ESO se os estereotipos de xénero seguían arraigados, finalmente seleccionaron contos infantís  que representaron ante os pequenos (marionetas, teatro, sombras...), co fin de visibilizar estereotipos e romper clichés.

Algún dos contos traballados foron: Maruxa, A viaxe de mamá, Daniela Pirata, Rosa caramelo, Las princesas también se tiran pedos, Vivan las uñas de colores...

Pica para entrar na galería.


20 de abr. de 2023

DÍA DO LIBRO EN RELIXIÓN, 2023

Xa podemos ver, expostas nos corredores,  as creacións de Patricia co alumnado de Relixión: textos, frases, poemas, ideas... todo o que, dende un libro, nos pode alcanzar.





15 de abr. de 2023

DÍA DO LIBRO, 2023

Como novidade, este ano teremos un amigo invisible especial no que o pesoal de Secundaria intercambiará o mellor agasallo, LIBROS.
Eva (Dpto. L. Castelá) e Alba (Dpto. Orientación) xa nos organizaron o sorteo e así encontramos as nosas taquillas este venres.
No interior do sobre as instrucións e o compañeiro ao que sorprender!!!
Quen nos tocaría??!!

11 de abr. de 2023

MÚSICA POLA IGUALDADE

O alumnado de 3º ESO participará no programa educativo Género Educa, de Grupo Koremi, financiado polo Concello da Cañiza e a Deputación de Pontevedra.

O proxecto elixido é “X(é)nero Versos: música pola igualdade” no que se traballa a prevención da violencia de xénero e a promoción da igualdade entre mulleres e homes, utilizando a música, e en concreto o rap, como canle de comunicación coa adolescencia.

OBRADOIROS "PROXECTO VIOLETAS"

Este mes de abril, dentro das actividades que desenvolve o Concello co «PROXECTO VIOLETAS», realizaremos, co alumnado de Secundaria, obradoiros de habilidades sociais para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Serán:

  • De autoestima en 1º da ESO.
  • De violencia de xénero en 2º.
  • De música pola igualdade en 3º.
  • Afectivo-sexual en 4º.

4 de abr. de 2023

EXPO 2023

Xa levamos meses, a voltas coa exposición que, polo día do libro, presentamos dende a biblioteca. Este curso, ao cumplirse os 20 anos do Prestige, queremos recordar a maior catástrofe ambiental que padecemos.

Xa temos algún traballo exposto. Picade na foto e ide vendo.