mércores, xuño 24

ATA PRONTO

Por fin.
Despois de 9 longos meses, chegou o verán. E con el a praia, as festas, o descanso e a diversión. Nós xa temos a equipaxe preparada.
Pasádeo ben e non esquezades que... en setembro xa nos vemos!!!!

O TANGARAÑO

Xa temos a revista escolar que coordina o Departamento de Dinamización Lingüística. Nela recollen un ano de actividades, festexos, excursións... Seguídeos aquí.

martes, xuño 9

OS MELLORES LECTORES

Como cada curso, axudándonos do programa MEIGA, sacamos unha listaxe dos mellores lectores de Secundaria. E nesta ocasión foron os seguintes:

domingo, xuño 7

OS NOSOS ARTISTAS

O alumnado de 4º de Educación Plástica e Visual, neste final de curso, leva adiante un interesante proxecto no que recrearán, de xeito persoal, algunha obra de arte universal.
Como podemos ver, tan interesante como o resultado final é a evolución experimentada que aquí podemos ir vendo.

Estamos ansiosos por velos rematados!!

venres, xuño 5

PRÉSTAMO VERÁN

No verán hai tempo para todo, e tamén para ler.
Se queredes ocupar coa lectura o voso tempo de lecer, o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO podedes levar ata un máximo de tres libros.
Comezaremos o préstamo de verán a partir do luns día 15.