mércores, xaneiro 31

QUE TRAMARÁN?

Andan estes días algúns profesores un pouco máis axitados e inquedos do que é natural neles.
Entendemos que agochan o seu disfraz, pero déixannos algunha pista cando falan: tribo, cultura, guerreiros, suahili, maa... pero tamén goma, cola, pegar, coser, cana, abelorios... e incluso algunha imaxe.
Onde apuntarán estas pistas?



venres, xaneiro 26

ENTROIDO 2018

Xa hai moita xente traballando para vivir o entroido no cole.
E quen non pode faltar? A nosa "mascota" disfrazada xa da temática marcada: "pobos e culturas do mundo".
É tan socorrido que ata lle haberá que poñer nome. Tan agradecido que nin retruca!!!!

DÍA DA PAZ

Alumnado de 1º A, 1º B e 3º B traballando nos murais sobre a paz.


Nestes corazóns recolleron a palabra paz en distintas linguas e o nome de persoas ou institucións que fixeron algo pola non violencia.

martes, xaneiro 23

PATINAMOS SOBRE XEO

Hoxe foron os alumnos de 2º da ESO a patinar e non se lles deu mal. Comprobade.
Teremos algún Javier Fernández?
 



 



 Mañá irán os de 1º e teremos noticias aquí.

martes, xaneiro 9

CALENDARIOS 2018

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo vén de publicar o seu calendario de 2018 cos debuxos do ilustrador Kiko da Silva.
Nunha ducia de páxinas, a través do humor e a retranca, preséntanse diferentes situacións cargadas de prexuízos sobre a lingua.

Tamén a Fundación Manuel María vén de tirar un calendario dixital con ilustracións de Leandro Lamas para conmemorar os 50 anos d'Os soños na gaiola.
As persoas interesadas en descargalo deben entrar en http://www.casamuseomanuelmaria.gal/promocions.htm e introducir o seguinte código 8yhqdz1esxcr

CHEGA A GRIPE

CARRABOUXO

luns, xaneiro 1

PALABRAS DO ANO, 2017


Unha votación popular, convocada polo Portal das Palabras (iniciativa conxunta da RAG e a Fundación Barrié), escolle Afouteza como a palabra do ano 2017 en lingua galega.
Afouteza impúxose con total claridade ás demais aspirantes, cun total de 3.004 votos dos 6.228 que participaron. A segunda en número de apoios, con 939, foi independencia, seguida de sapoconcho, con 830. Completaban as finalistas, en orde de popularidade, eucaliptización, teimudo, vaga de lumes, violencia de xénero e velutina.
E será Aporofobia a palabra do ano en lingua castelá para a Fundéu BBVA. Estaban entre as finalistas outras como turismofobia, uberización, noticias falsas, bitcóin, odiador ou trans.