30 de abr. de 2021

MÚSICA E BAILE

Os alumnos de 3º A, caracterizados para a ocasión, bailan un minueto, unha antiga danza tradicional da música barroca.


23 de abr. de 2021

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de Abril de 2021, celebramos no CPI da Cañiza o Día do Libro con diferentes actividades, dende a lectura de contos en Infantil ata unha entrevista en directo a María Canosa, a autora galega de libros coma "Muriel" ou "Unha fábrica de bicos" entre outros moitos. Aquí vos deixamos unhas fotos da celebración deste día.



O alumnado de Primaria tamén fixo uns marcapáxinas para seus libros, como conmemoración deste día especial.










E aquí temos aos entrevistadores e entrevistadoras de 5º e 6º de Primaria, que recibiron un pequeno agasallo pola súa grande labor xornalística.






E, por se non o sabedes aínda, podedes escoitar a entrevista no blogue dos 40 COLEGIALES. Non vola perdades! 

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!

20 de abr. de 2021

EXPOSICIÓN DÍA DO LIBRO 2021, "QUEN É? QUE LE?"

Xa lista para visitar!!!!

 


Elaboramos tamén un cuestionario para visitar a expo “obrigándonos” á lectura, á busca de información e a aprendizaxe co xogo.
Podedes vela aquí: EXPO1, EXPO2, EXPO3.

DÍA DO LIBRO, EN LINGUA CASTELÁ

O alumnado de 2º da ESO en Exención de Francés e o de 4º en Lingua Castelá, responderon á nosa proposta "Os títulos fan historias" e xa temos algún produto ben orixinal. Esperamos máis.








DÍA DO LIBRO, EN ITI

O alumnado de ITI deseñou marcapáxinas para conmemorar o día. Aquí unha pequena mostra dos que van saíndo.

  

    


17 de abr. de 2021

14 de abr. de 2021

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Como cada ano organizamos unha exposición para o día do libro e este ano, á vista do marcapáxinas que deseñamos, podedes imaxinar de que vai.

Chamámola "Quen é, que le?" polo que haberá que adiviñar quen se agocha tras estas fotos de pequenos e que libro supuxo algo importante na súa vida.
En breve terédela colgada no vestíbulo cun concurso e un cuestionario para visitala xogando.
Para máis actividades relacionadas co libro, pinchade AQUÍ.

DÍA DO LIBRO - OS TÍTULOS FAN HISTORIA

Na semana próxima celebramos o día do libro, así que crearemos historias utilizando un mínimo de 15 títulos de libros coñecidos.
Aquí podemos ver algún modelo.

Tamén temos algún exemplo realizado polo alumnado aquí.

11 de abr. de 2021

XA TEMOS NOME PARA A NOSA RADIO: SON DA ESO

Nunha primeira fase solicitámoslle ao alumnado e profesorado propostas que, despois dunha primeira selección, resultaron ser as seguintes.

Estas propostas sometémolas a votación entre o alumnado de 4º da ESO e o profesorado, resultando gañadora: "SON DA ESO".

Como resultou ser a proposta dunha profesora, a seguinte máis votada, "A cañiza sintoniza", de Sofía Miguélez Prieto de 4º A será a que leve un agasallo. 
Agora... a polo logo!!!!!!

7 de abr. de 2021

ESTRUTURAS

Os alumnos de 2º ESO fixeron unhas maquetas de arte medieval para as asignaturas de Tecnoloxía e Xeografía e Historia.
As premisas eran empregar materiais reciclados e elixir un monumento gótico, románico ou islámico.
Podedes ver máis se pinchades na foto.

2 de abr. de 2021

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO

Puro Pelo, personaxe do ilustrador arxentino Juan Chavetta
Hoxe, 2 de abril, no día Mundial de Concienciación sobre o Autismo compartimos recursos de Educación 3.0 para que os alumnos melloren na súa aprendizaxe.
Moi recomendable tamén o documental “María y yo” (en rtve a la carta) que trata a vida de María, filla do debuxante Miguel Gallardo.

1 de abr. de 2021

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.