10 de xan. de 2021

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

Ilustración de David Guirao
O vindeiro 30 de Xaneiro celebramos o día escolar pola paz, no aniversario da morte de Gandhi (30 de Xaneiro de 1948).
Aproveitaremos a data para fomentar a cultura da paz con seleccións bibliográficas para Primaria e Secundaria, marcapáxinas co préstamo, proxeccións...
E este pode ser un bo punto de partida que nos faga reflexionar.

7 de xan. de 2021

2021

Para avanzar polo 2021, tres calendarios que podedes descargar.

O científico do CSIC

O ortográfico de Don Pardino.


editado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo que este ano fau protagonista ao alumnado galegofalante.

2 de xan. de 2021

FESTIVAL NADAL 2020

Despedimos o ano con moito ritmo, pois Ruta ata consegue que nos movamos á vez. Temos ata vídeos que o demostran. Pinchade na imaxe.

Pero non só foi baile. Unha xincana cultural e deportiva, con alta participación, axudounos a despedir o día con diversión.
Con esta motivación dá gusto organizar actividades. Repetiremos.