xoves, outubro 25

PREPARANDO O SAMAÍN

Para o 31 de outubro 


SAMAÍN

O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconvertiu no Día de Todos os Santos.
A noite do 31 de outubro, que coincide coa entrada do inverno e o fin do verán, comeza o Ano Novo celta.
Nesta noite, as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos, e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.
Se queredes celebrar o día, aquí tedes:
  • Material didáctico para Infantil e Primaria do CEIP de Galán, de Oseiro-Arteixo.
  • Algunha curta para Secundaria.

          
 
Pasa tamén pola biblioteca para comprobar como celebramos o día cunha selección de lecturas; levarás tamén un marcapáxinas co préstamo.

PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA, 2018

Almudena Grandes (Madrid, 1960) obtivo o Premio Nacional de Narrativa 2018 coa novela Los pacientes del doctor García. Esta obra englóbase, xunto a outras tres, dentro da saga  Episodios de una guerra interminable sobre as consecuencias da Guerra Civil no noso país e as súas achegas á Segunda Guerra Mundial.
O xurado elixiu esta obra por "conseguir un difícil e preciso equilibrio entre o imaxinado e a lealdade á verdade histórica".
En 2010 comezou a serie Episodios de una guerra interminable con Inés y la alegría (2010). O segundo título da serie foi El lector de Julio Verne (2012), o terceiro, Las tres bodas de Manolita (2014), e o cuarto, Los pacientes del doctor García (2017).

mércores, outubro 24

DÍA DA BIBLIOTECA

O  24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca, a iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro infantil y Juvenil desde o ano 1997.
Este é o cartel do ilustrador Alfonso Zapico.

martes, outubro 23

CELEBRACIÓN DO DÍA DA BIBLIOTECA

Día da Biblioteca
            Con motivo do día da Biblioteca, os nenos/as de infantil e primaria foron sorprendidos co xogo da ruleta, na que tiñan que saber: as normas, o prestamo, que libros corresponden para cada idade....  a  través de probas, palabras tabú, xestos e o preguntoiro. Os máis pequenos/as tiñan que adiviñar o título dun conto todo esto dependendo de onde parara a nosa super ruleta.
Temos uns artistas no noso cole, porque adiviñaron tódalas preguntas, por iso todos levaron un agasallo, que a nosa mascota Pandore escolleu con moito agarimo e unha pizca de maxia.


























xoves, outubro 18

PREMIO NACIONAL DE POESÍA, 2018

O xurado do Premio Nacional de Poesía concedeu a Antònia  Vicens o Premio Nacional de Poesía 2018, pola súa obra  Tots  els  cavalls.
Antònia  Vicens conta cunha longa traxectoria literaria, publicando tanto novela como poesía. En 2009 publicou o seu primeiro libro DE poesía  Lovely, ao que seguiron Sota o  paraigua el  crit (2013), Fred  als  ulls (2015) e  Tots els cavalls.

martes, outubro 16

PREMIO NACIONAL DE CÓMIC, 2018

A autora valenciana Ana  Penyas gañou o Premio Nacional de Cómic que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. 
Penyas foi premiada pola novela gráfica coa que debutou, Estamos todas bien, unha narración que "recupera a memoria histórica a partir dunha historia familiar" e recupera "voces esquecidas".

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

Dende o 1979 a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) proclama o 16 de outubro como o día mundial da alimentación, coa finalidade de concienciar aos pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza.

PREMIO PLANETA DE NOVELA, 2018

Santiago Posteguillo  con "Yo, Julia" e Ayanta Barilli con Un mar violeta oscuro, gañador e finalista do LXVII Premio Planeta 2018.
Santiago  Posteguillo, autor da triloxía de Trajano e a triloxía  Africanus, entre outras, é filólogo e  lingüista e actualmente é profesor da  Universitat Jaume I de Castelló. Na novela premiada, a protagonista, de humildes orixes, manobrará hábilmente para conseguir os seus obxectivos. A historia está narrada a través de cinco personaxes, cunha multiplicidade de caracteres de gran costura psicolóxica.
Ayanta  Barilli, a finalista, é coñecida por ser a presentadora e a directora dos programas “ EsAmor” e “ EsSexo” que se emiten en  EsRadio. Tamén traballou como actriz en varias películas e obras de teatro. En canto ao mundo dos libros, participou nalgúns programas literarios dirixidos por Sánchez Dragó e traballou como crítica de libros e de obras de teatro.
Un mar violeta escuro é unha historia de loita, superación e supervivencia de tres xeracións de mulleres dunha mesma familia, ás que unha figura masculina aboca á tolemia.

mércores, outubro 10

SÍNDROME DE ASPERGER

Unha marabillosa película para entender como viven e senten as persoas con síndrome de Asperger.

Esta magnífica película conta unha conmovedora historia baseada en feitos reais dun corentón con Síndrome de Asperger e unha nena de 8 anos.
A Síndrome de Asperger é un trastorno catalogado por moitos dos que o sofren como unha simple forma de ser da que aínda queda moito por coñecer. Entre as desvantaxes principais deste trastorno de conduta atópanse as dificultades na interacción social, a comunicación e a expresión de sentimentos e a escasa empatía que os afectados sofren e como consecuencia diso, senten rexeitados, incomprendidos pola sociedade e, mesmo, sós. 

CERVANTES CHICO, 2018

O 11 de xullo de 2018 reuniuse o xurado do Premio Cervantes Chico e acordou outorgar este galardón na súa XXII edición a Mónica Rodríguez Suárez.
É licenciada en Ciencias Físicas, especializada en Enerxía Nuclear. En 1994 comezou a traballar no Centro de Investigacións  Ciemat do Ministerio de Ciencia e Innovación, onde compaxinaba o seu traballo coa escritura. En 2008, cando decide dedicarse de maneira total á literatura infantil e xuvenil; onde recibe varios galardóns.

martes, outubro 9

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Este é o lema deste curso 2018-19 para os materiais que a Consellería de CEOU edita para a Biblioteca escolar.
Buscamos descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar.
Nesta ocasión foi Nuria Díaz a creadora que o interpreta.

PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DAS LETRAS, 2018

Coñecemos a premiada no ámbito das letras dende maio,  Frederique Audoin-Rouzeu, que publica baixo o seudónimo Fred Vargas, pero será na segunda quincena de outubro cando teña lugar a cerimonia de entrega dos Premios Princesa de Asturias 2018.
"Na súa obra narrativa destaca a orixinalidade das súas tramas, a ironía coa que describe aos seus personaxes, a profunda carga cultural e a desbordante imaxinación, que abre aos lector horizontes literarios inéditos", sinala o xurado.
Arqueóloga e historiadora de formación, publicou varios ensaios científicos co seu nome e, como Fred  Vargas, unha vintena de novelas de xénero negro das que doce están protagonizadas polo comisario  Adamsberg, a última delas Cuando sale la reclusa (2017).