24 de feb. de 2023

DÍA ROSALÍA, 2023

Dende Dinamización Lingüística, Cristina animou ao alumnado a reinterpretar a imaxe de Rosalía para, con ela, decorar o centro convertíndoa na nosa superheroína. 
Nalgún caso tamén se recuperaron textos da autora.


23 de feb. de 2023

SON DA ESO: DÁME LERIA 2

Nova entrega. 😍

ENTROIDO 2023

Xa podemos ir vendo toooodo o que deu de si o día do entroido: sobremesas, bailes, desfiles, deporte, concursos...

Entrade na galería para vernos disfrutar.

´

16 de feb. de 2023

GAÑADORES

 É aquí os gañadores do concurso recibindo o premio.

Pedro Oliveira, Íker Ribeiro, a profe Elena, Paula Carballo e Antía Carpintero. Faltábanos Rafael Lozano, gardarémosllo.

14 de feb. de 2023

CONCURSO RADIO

Recordades o concurso de cuñas radiofónicas? Pois xa hai GAÑADOR, o alumnado da clase de Elena.
Escoitádeos!!!!
 

ENTROIDO, 2023

Cun pé xa no venres 17 e co atrezo montado, parece que os profesores se trasladan aos anos 20.

Cantos os seguirán? Cantos se apuntarán á festa? Agardamos que toooooodos.

Entrade na galería.


8 de feb. de 2023

PLAN DIRECTOR

De novo, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado imparten no centro unhas charlas dentro do programa "Plan Director para la convivencia y la Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos y sus Entornos".

E son ben relevantes os distintos aspectos que tratan: acoso escolar, riscos asociados ao uso das redes, consumo de estupefacientes e alcol, violencia nos centros escolares.... entre outros.







4 de feb. de 2023

SAN VALENTÍN

Realizado no 2022 polo alumnado da que, naquel momento,
era a profesora de Plástica, Tania

No 14 de febreiro, moito amor para todos con recomendacións lectoras e recursos.