Amosando publicacións coa etiqueta Enquisas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Enquisas. Amosar todas as publicacións

25 abril 2020

ENQUISA AO ALUMNADO DO CPI A CAÑIZA: RECURSOS TECNOLÓXICOS

Prezado alumnado e familias: desexamos que esteades ben. 
Esta é unha enquisa que precisamos que contestedes para que os/as profesores/as saibamos mellor con que recursos contades na casa para as nosas clases virtuais. Os resultados desta enquisa son confidenciais e só se van empregar para adaptar as clases.
Pedímosvos que respondades o antes posible e que sexades sinceras/os nas vosas respostas, non hai respostas boas nin malas! Se tendes algunha dúbida acerca da enquisa podedes enviala a: cpi.dacaniza@edu.xunta.gal Grazas!
PREMEDE NA IMAXE PARA ACCEDER A ENQUISA

24 xuño 2014

AVALIAMOS A HORA DE LER E O PROXECTO LECTOR

Durante o mes de maio, profesores e alumnos fixemos unhas enquisas na que se pedía avaliásemos a hora de ler e o Proxecto Lector.





E aquí están outros resultados en gráficas.

05 marzo 2014

OS QUE MÁIS LEN

As cores indican o tempo de lectura semanal promedio que dedican os cidadáns a ler. Os países asiáticos van á cabeza (na India o promedio semanal é de máis de 10 horas) e España queda na parte alta dos países nos que menos se le, con algo menos de seis horas á semana.

19 xuño 2013

EVOLUCIÓN DO PRÉSTAMO

Dende que estamos no PLAMBE, no 2006, esta foi a progresión do préstamo na biblioteca de Secundaria.
Significativo o resultado do 2010-2011. A posta en marcha do Proxecto Lector e a nosa "hora de ler" terá algo que ver?
Queremos seguir medrando.