23 de dec. de 2023

BO NADAL

Aproveitando a iluminación do concello, dende a biblioteca desexamos, a toda a comunidade educativa, FELIZ NADAL.

DESPEDINDO O TRIMESTRE

O coro, dirixido por Ruta, amenizou a xornada, pero houbo tamén xogos e bailes que animan a comezar as vacacións con moitas ganas.


Picade na foto para entrar na galería.

GAÑADORES POSTAIS NADAL

Xa temos gañadores do concurso de postais:

  • Xián, Eva e Marola de  4º
  • Valentina, Isabella, Iria M. C. e Héctor P. A. de 3º
  • Noa, Marco e Martina de 1º
Picade na imaxe para ver as gañadoras.

17 de dec. de 2023

A NOSA PALABRA DO ANO, 2023

Xa están as finalistas da palabra do ano 2023, no Portal das Palabras. E non tivemos sorte coa nosa, CAMPIOAS.

Picade na imaxe para informarvos sobre cada unha das finalistas e votar pola que vos guste.

POSTAIS NADAL

Aínda que están en proceso, xa podemos ir vendo algo dos nosos creadores.





30 de nov. de 2023

DÍA DA DISCAPACIDADE

O 3 de decembro, día da discapacidade, pode ser un bo momento para ver Cuerdas,  curtametraxe de Pedro Solís García, gañadora do Goya 2014 na categoría de "Mellor curtametraxe de animación española".
Para ver máis posibilidades entra aquí

26 de nov. de 2023

25 N EN SECUNDARIA

Moitas cousiñas por este día:

  • Animados polo Dpto de Orientación, decoramos un tramo de escaleiras, gracias á colaboración do concello, cos lemas do noso alumnado.
  • Biblioteca, Dinamización Lca e Extraescolares propuxeron a actividade de interpretación de camisetas. Debémoslle a realización a Ángel co alumnado de Plástica e aos titores de 2º. Con elas fixemos tendais ben simbólicos.

24 de nov. de 2023

CONSTITUCIÓN E ESTATUTO DE AUTONOMÍA, do 30 de novembro ao 7 de decembro

Outros recursos para conmemorar esta data:
  • Taller literario. Despois de analizar anuncios publicitarios moi coñecidos, respondede:
    • Onde está a clave do seu éxito?
    • Que tópicos recollen? Serven para caracterizarnos polo mundo adiante?
    • Que aspectos nos fan sentir orgullosos de ser galegos? Cales non?











  • Análise de estereotipos e posibilidade de crear un mapa similar que recolla a idea que temos de nós mesmos e dos demais. Podemos tomar como punto de partida 13 estereotipos dos españoles... de El Huffington Post.
Un mapa que, con escaso rigor científico e/ou etnográfico, recolle o que pensan os nosos veciños de nós. Acaso terán razón?

21 de nov. de 2023

15 de nov. de 2023

10 de nov. de 2023

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste espazo ofrecemos elementos motivadores cos que debatir e sensibilizar e, ademais, un banco de recursos. 
É importante detectar a desigualdade para loitar contra ela; só educando en igualdade a homes e mulleres estaremos contribuíndo a reducir e eliminar a secuela da violencia de xénero.
1.- "El bello Rafa Nadal", de Barbijaputa para el diario.es
Recuperamos un artigo publicado no 2016 no que a autora utiliza a forma de falar e escribir que se emprega con frecuencia para falar das mulleres deportistas.
2.- Videopoema "Inagotables" do libro Asíntota de Carlos Miguel Cortés.
Tamén podemos escoitar a versión que, no seu día, fixo o noso profe de galego Dario DK para o CPI de Mondariz.
3.- ¡Qué niña tan bonita!
Curta de Alicia Ródenas con texto de Ro de la Torre coa que se presentou á sétima edición do concurso de curtas do instituto Diego Siloé de Albacete.
Ao longo do vídeo, a moza le cen frases ás que cada muller está exposta desde a súa nenez; entre outras: "Se te ven xogar cos mozos chamaranche marimacho" ou "Non sexas tan bruta xogando, pareces un neno".
 
4.- Sexismo no deporte
"Poderías dar unha volta para nós e dicirnos algo sobre o teu vestiario?" Esta é unha de tantas preguntas que os xornalistas deportivos lles fan ás atletas e que recolle a campaña #CovertheAtlete.
Pois ben, como reaccionarían eles de seren tratados do mesmo xeito?
5.- As nenas poden
Campaña que nos invita a todos para que a igualdade desde a infancia sexa un obxectivo prioritario.
6.- De par... en par
Trátase da campaña do SAAMA (Servizo de Apoio e Atención contra o Machismo). Cos textos de Neus Nebón  e as ilustracións de Tania Acuña, este vídeo serve como test a todas esas condutas do día a día que forman parte da pirámide machista que remata na violencia contra as mulleres.
7.- Como actuamos ante a violencia machista?
Todo o mundo rexeita, sen ningún tipo de paliativos, a violencia contra as mulleres. Pero, que acontece cando somos testemuñas en primeira persoa deste tipo de agresións?

A compañía sueca STHLM Panda decidiu comprobar a reacción da xente ante a violencia de xénero. Cunha cámara oculta instalada nun ascensor, un home ameaza e agride a súa suposta parella, ante unha testemuña.
Abonda con ver o vídeo para comprobar que, aínda que a opinión e actitude da maioría cidadá é totalmente contraria a este tipo de violencia, á hora da verdade, non se actúa en consecuencia. Só unha das 53 vítimas da cámara oculta reacciona ante a agresión.
Na biblioteca, ese día, con marcapáxinas, música, libros e audiovisuais intentaremos sensibilizar, previr ou detectar situacións de risco.

3 de nov. de 2023

SAMAÍN, 2023

O túnel do terror é xa mítico, pero tamén os xogos terroríficos e a diversión!

Aquí andamos todos. Picade na foto para entrar á galería. 

Nesta creación do alumnado de Plástica, posamos para entrar en materia.

CONCURSO NADAL

  DECORAMOS A PORTA DA BIBLIOTECA
Ao igual que fixemos en cursos pasados, queremos decorar a porta da biblioteca para o Nadal coa vosa colaboración.
Bases:
  • Participantes: a participación será individual ou en grupo (máximo 4 persoas).
  • Prazo: a data límite para entregar o proxecto será o 1 de decembro ás 14:30 horas.
  • Tema: o Nadal. 
  • Procedemento: realizarase o deseño nun folio no que, ademais, se expliquen os materiais empregados na súa realización. Lembrade que ha de ser papel, cartón, cinta, algodón, ou calquera material fácil de conseguir e económico.
  • Xurado composto por:
  • Un membro do equipo da biblioteca.
  • Un membro do Equipo Directivo.
  • O profesor de Educación Plástica e outro profesor/a do centro.
  • Un delegado ou subdelegado elixido de entre os non participantes.
  • Gañador: elixirase un único premiado de entre todos os traballos presentados. 
  • Premios:
  • Realización do deseño na porta da biblioteca.
  • Un vale para material escolar nunha librería do pobo.

 Aquí tedes algún modelo:

Gañadora 2020

Gañadora 2019

Gañadora 2018
Gañadora 2017
Gañadora 2016