Amosando publicacións coa etiqueta Pasaporte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pasaporte. Amosar todas as publicacións

01 outubro 2013

PASAPORTE LECTOR

PASE AO LIBERESPAZO
O ilustrador Andrés Meixide deseñou este "pase ao liberespazo" que recollerá as vosas “viaxes” polos libros. A biblioteca, co visado final, dará fe para acadar a categoría de “libernautas” con dereito propio a viaxar libremente polo "liberespazo".
A dinámica é moi sinxela; anotade nel todas as obras que vaiades lendo ao longo do curso, recollede o que máis vos gustou e, por último, valorádeo.
Unha vez cuberto entregádeo na Biblioteca para que volo visen. Cantos máis visados consigades, máis oportunidades teredes de lograr un agasallo.
Solicitade o voso na biblio!

17 marzo 2013

PASE AO LIBERESPAZO, NOVO PASAPORTE LECTOR

Xa temos un novo pasaporte de lectura, que vén a substituír ao que nós empregabamos, xa anticuado.
O ilustrador Andrés Meixide deseñou este "pase ao liberespazo" que recollerá as vosas “viaxes” polos libros. A biblioteca, co visado final, dará fe para acadar a categoría de “libernautas” con dereito propio a viaxar libremente polo "liberespazo".

A dinámica é a mesma que no anterior, anotade  nel todas as obras que vaiades lendo ao longo do curso, recollede o que máis vos gustou e, por último, valorádeo.
Unha vez cuberto entregádeo na Biblioteca para que volo visen. Cantos máis visados consigades, máis oportunidades teredes de lograr un agasallo.
Solicitade o voso na biblio!

26 novembro 2012

PASAPORTE DE LECTURA

"Para viajar lejos, no hay mejor nave que un libro"
Emily Dickinson (1830-1886)
Ler é unha forma de viaxar e para facelo precisamos un pasaporte; presentámosvos aquí o novo pasaporte de lectura da Biblioteca.
Anota nel todas as obras que vaias lendo ao longo do curso. Recolle ademais un fragmento interesante, fai un debuxo ou pega unha imaxe que teña que ver coa obra lida. Xustifica tamén se che gustou ou non.
Unha vez cuberto entrégao na Biblioteca (data límite finais de maio). Entregaráselle un premio ao mellor elaborado.
Anímate e participa!
Solicita o teu na biblio!