Xa temos os resultados do programa educativo XÉNERO VERSOS, no que participou o alumnado de 3º ESO.
Escoitade e lede. E parabéns ao alumnado polo traballo.
Xa temos os resultados do programa educativo XÉNERO VERSOS, no que participou o alumnado de 3º ESO.
Escoitade e lede. E parabéns ao alumnado polo traballo.
Dende Valores, Eva (L Castelá) e ALba (Orientación) organizaban a actividade. Nun primeiro momento pediron aos alumnos de primaria e infantil que debuxaran que querían ser de maiores; despois analizaron en 2º e 3º da ESO se os estereotipos de xénero seguían arraigados, finalmente seleccionaron contos infantís que representaron ante os pequenos (marionetas, teatro, sombras...), co fin de visibilizar estereotipos e romper clichés.
Algún dos contos traballados foron: Maruxa, A viaxe de mamá, Daniela Pirata, Rosa caramelo, Las princesas también se tiran pedos, Vivan las uñas de colores...
O proxecto elixido é “X(é)nero Versos: música pola igualdade” no que se traballa a prevención da violencia de xénero e a promoción da igualdade entre mulleres e homes, utilizando a música, e en concreto o rap, como canle de comunicación coa adolescencia.
Este mes de abril, dentro das actividades que desenvolve o Concello co «PROXECTO VIOLETAS», realizaremos, co alumnado de Secundaria, obradoiros de habilidades sociais para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. Serán:
De novo, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado imparten no centro unhas charlas dentro do programa "Plan Director para la convivencia y la Mejora de la Seguridad en los Centros Educativos y sus Entornos".
E son ben relevantes os distintos aspectos que tratan: acoso escolar, riscos asociados ao uso das redes, consumo de estupefacientes e alcol, violencia nos centros escolares.... entre outros.
![]() |
| Pincha para ver máis fotos |
| Pincha na foto para ver máis. |
| Pincha na foto para ver máis |

