Amosando publicacións coa etiqueta ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ESO. Amosar todas as publicacións

05 abril 2024

EduReferentes

No marco do programa EduReferentes desenvolvemos nestes días as mentorías individualizadas. E foi Sonia Felpete a elixida para compartir a súa experiencia e coñecementos, apoiando a un grupo escollido de alumnas de 4º da ESO na busca das súas fortalezas, habilidades e intereses.
Sonia Felpete, asesora de imaxe e referente na súa profesión axudounas a visibilizar a figura da muller a nivel profesional.



10 xaneiro 2024

EDUREFERENTES

Tivemos a fortuna de estar entre os 20 centros galegos que desenvolvemos EduReferentes. Un programa que parte da Asociación de Executivas de Galicia e busca dar visibilidade á figura da muller a nivel profesional. Para isto, visitan os coles mulleres que poden ser consideradas "referentes" dentro das súas profesións.

Hoxe, nunha primeira fase, tivemos:

E quedan pendentes as mentorías individualizadas nas que as persoas mentoras compartirán a súa experiencia e coñecementos, apoiando ao alumnado na busca das súas fortalezas, habilidades e intereses.

25 maio 2022

CHARLA INFORMATIVA


AVISO DA ORGANIZACIÓN: por motivos alleos a nós, é necesario CAMBIAR A DATA DE CELEBRACIÓN DA CHARLA, polo que se pasará ao VENRES 10 DE XUÑO ás 18:00 horas no edifico de primaria do CPI A Cañiza. 
Grazas a tod@s e desculpen as molestias.

10 abril 2022

CELANOVA, 2022

O xoves 7, os Departamentos de Música e Lingua Galega organizaron unha visita a Celanova co alumnado de 4º da ESO.
O día deu para moito, visitaron o mosteiro de San Salvador e a capela mozárabe de San Miguel, a casa dos poetas, a bilblioteca do IES e, en Vilanova dos Infantes, a torre da homenaxe e a cova de San Vivián. Puideron gozar, ademais, dun concerto didáctico de órgano dirixido pola organista Marisol Mendive.
Resulta tan completa a visita que acabaremos institucionalizándoa. Entrade na galería picando na imaxe.

03 xullo 2021

DESPEDIDA DA RADIO

Dicimos ata pronto con esta entrevista que Tere (profe de LC) dirixiu cun grupo de amigas de 2º.

02 xullo 2020

SETEMBRO 2020

Os alumnos con materias suspensas terán que presentarse aos exames extraordinarios de setembro.
Se, chegado o momento, non se puidesen facer esas probas de maneira presencial, avaliarase con actividades que haberá que entregar o día do exame.
Esas actividades co plan de traballo deseñado para setembro poderanse atopar no Drive que xa empregabamos durante o período de confinamento.
Para as dúbidas contactade directamente cos profesores da materia, os correos seguen a estar na web do cole.
E ante calquera incidencia permanecede atentos ás comunicacións que aparecerán na web ou neste mesmo blog.
Bo verán a todos.


CALENDARIO SETEMBRO

19 xuño 2020

DESPEDIDA 2019-2020

Foi un ano longo que non imos esquecer por todo o que supuxo de novidade, de desafío, de solucións exprés...  que esperamos nos teñan ensinado algo a todos.
E se o curso foi atípico, o peche non vai ser menos. Non teremos cerimonias de despedida, pero tampouco vos queremos deixar marchar sen máis, porque sodes a nosa promoción COVID.
Aquí o nosa recordo con moito afecto.

E moita sorte para todos no futuro.

01 xuño 2020

MÚSICAS AO VIVO

O II proxecto didáctico, ligado aos Premios Martín Códax da Música, busca fomentar a música galega mediante a creación de podcast que divulguen e dean a coñecer as diferentes bandas e estilos musicais que se presentan aos Premios Martín Códax da Música.
O reto das nosas alumnas de 2º ESO foi dar visibilidade á música de Cuarta xusta. Escoitemos.

09 maio 2020

LETRAS GALEGAS, 2020

Dúas profes, Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) e Ana Sánchez Sanmartín (CEIP Arquitecto Casas Novoa), elaboraron este "Escape Room", para festexar o día das letras galegas. E convídanos a compartilo.
A ver se vos gusta!

07 maio 2020

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA NO CPI A CAÑIZA

O CPI A CAÑIZA, a través do departamento de matemáticas da ESO e das titoras de 6º de Primaria, e co motivo da primeira celebración do día Internacional das matemáticas o 14 de marzo, convocou o I concurso de fotografía matemática.

Nesta primeira edición propúxoselle ao alumnado da ESO e de 6º de Primaria que puxeran en marcha a súa creatividade e imaxinación para ver, apreciar e plasmar en imaxes os múltiples aspectos do noso entorno que están relacionados coas matemáticas.

Os gañadores foron os seguintes:

Aspiral lesmática - Diego 3ºC (1º posto)

A parábola da costa - Claudia 3ºC (2º posto)

Xeopraga - Lucía 1ºC (3º posto)

Simetría natural - Sara 6ºA (1º posto)

Farase a entrega dos seus respectivos premios cando comecemos o próximo curso académico 2020-2021.
Outros participantes aquí.

Noraboa a tod@s!!

10 abril 2020

DO PERSOAL DE SECUNDARIA...

Recordámonos de vós, moito máis do que pensades; por iso, aí vai o noso ánimo para superar esta situación excepcional e volver á normalidade canto antes.
FORZA E AFOUTEZA!!!!!

28 xaneiro 2020

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA


O CPI A CAÑIZA, a través do departamento de matemáticas da ESO e coa colaboración dos titores/as de 5º e 6º de Primaria, e co motivo da primeira celebración do día Internacional das matemáticas o 14 de marzo, convoca o I concurso de fotografía matemática.
Nesta primeira edición proponse ao alumnado da ESO e de 5º e 6º de Primaria que poñan en marcha a súa creatividade e imaxinación para ver, apreciar e plasmar en imaxes os múltiples aspectos do noso entorno que están relacionados coas matemáticas.
As bases do concurso xa foron expostas nas aulas polos seus respectivos/as profesores/as. O prazo para enviar as fotografías será ata o 11 de marzo; e éstas serán enviadas ao correo do departamento xunto co nome completo do alumno e o curso ao que pertence, ademais do título de dita fotografía no que se mencionará a relación das matemáticas co entorno.
Entre os participantes haberá unha lista de gañadores/as, aos que se lles fará entrega dun premio.
ANIMÁDEVOS!! E calqueira dúbida consultádea coas vosas profesoras e profesores de matemáticas.

25 xaneiro 2019

II CONCURSO DE CALIGRAMAS PARA ALUMNADO DE SECUNDARIA

O equipo de Dinamización Lca convoca o II concurso de caligramas para conmemorar o Día de Rosalía de Castro.
O alumnado participante creará, partindo de poemas da autora, unha imaxe visual acorde co tema tratado no texto.
O prazo de admisión será ata o VENRES 16 DE FEBREIRO.

21 decembro 2017

FESTIVAL NADAL SECUNDARIA, 2017

Despedimos o trimestre cun variado de actividades. Aquí unha mostra.
FESTIVAL NADAL, 2017 on PhotoPeach

08 novembro 2017

DE FESTA!!

En Secundaria tivemos, a tarde do luns, un dous por un: MAGOSTO+SAMAÍN.
Por esta mistura, non foi raro ver disfraces terroríficos asando as castañas ou participando na proba de orientación que prepararon os profes de Educación Física e a profe de extraescolares.











13 novembro 2016

CONCURSO, DÍA DA BIBLIOTECA

SEMANA DO 14 DE NOVEMBRO
"Historia dos expedientes secretos, 5"
Supoñemos que xa sabedes de que cidade se trata e onde se atopa o cadro roubado: pero, queda algo máis: buscade a dirección do lugar no que se esconde a obra roubada e entregádea na biblioteca.