31 de xan. de 2020

DÍA DA PAZ, 2020

En Secundaria celebramos este día cun manifesto lido polo alumnado de Valores e, ademais, música e baile.
Para ver máis fotos, clica nesta.



DÍA DA PAZ 2020


O 30 de xaneiro, Día da Paz, dende a Biblioteca, 
coa colaboración de todo o profesorad@ 
e alumnado de Infantil e Primaria
decoramos o noso cole coas mans de cores
representando que a 
Vida ten que ser sempre de Cores, respetando Igualdade.








29 de xan. de 2020

IGUALDADE, VIOLENCIA ZERO

"Mulleres en acción. Violencia  zero" é un proxecto de acción artística que se desenvolve, desde o ano 2015, no espazo público co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar á poboación do problema da violencia machista e, sobre todo, para tratar de unir forzas para loitar contra esta secuela presente na sociedade.
Froito deste proxecto da Deputación de Pontevedra, Cris Vilariño realizou, con Intermissum, unha intervención de danza participativa que nos cuestionarnos sobre a nosa identidade.








DÍA ILUSTRACIÓN, 30 XANEIRO

Cartel deseñado por Xulia Pisón
Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración.
Este ano o protagonista é Cándido Fernández Mazas, artista e escritor que, na súa curta vida, tivo unha produción prolífica que lle levou a colaborar coa revista Nós, da que celebramos o seu centenario, e coas Misións Pedagóxicas coas que colaborou con cartelería e decorados para o teatro de monicreques.

28 de xan. de 2020

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA


O CPI A CAÑIZA, a través do departamento de matemáticas da ESO e coa colaboración dos titores/as de 5º e 6º de Primaria, e co motivo da primeira celebración do día Internacional das matemáticas o 14 de marzo, convoca o I concurso de fotografía matemática.
Nesta primeira edición proponse ao alumnado da ESO e de 5º e 6º de Primaria que poñan en marcha a súa creatividade e imaxinación para ver, apreciar e plasmar en imaxes os múltiples aspectos do noso entorno que están relacionados coas matemáticas.
As bases do concurso xa foron expostas nas aulas polos seus respectivos/as profesores/as. O prazo para enviar as fotografías será ata o 11 de marzo; e éstas serán enviadas ao correo do departamento xunto co nome completo do alumno e o curso ao que pertence, ademais do título de dita fotografía no que se mencionará a relación das matemáticas co entorno.
Entre os participantes haberá unha lista de gañadores/as, aos que se lles fará entrega dun premio.
ANIMÁDEVOS!! E calqueira dúbida consultádea coas vosas profesoras e profesores de matemáticas.

22 de xan. de 2020

20 de xan. de 2020

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ

Ilustración de David Guirao
O vindeiro 30 de Xaneiro celebramos o día escolar pola paz, no aniversario da morte de Gandhi (30 de Xaneiro de 1948).
Aproveitaremos a data para fomentar a cultura da paz con seleccións bibliográficas para Primaria e Secundaria, marcapáxinas co préstamo, proxeccións...
E este pode ser un bo punto de partida que nos faga reflexionar.

19 de xan. de 2020

PLAN PROXECTA, DONAS DE SI

Esta semana, e seguindo co Plan Proxecta Donas de si, o alumnado de 3º da ESO comezou a traballar en matemáticas a unidade didáctica de María Wonenburger, onde ademais de coñecer a vida desta muller galega, repasaron conceptos de álxebra e practicaron a resolución de ecuacións.
María Josefa Wonenburger Planells naceu na Coruña en 1927 e estudou a licenciatura de matemáticas en Madrid. Despois de comezar os cursos de doutoramento e vendo que lle sería complicado conseguir un traballo aquí, trasladouse aos Estados Unidos para finalizar a tese doutoral. Cando regresou a España non lle recoñeceron o título americano de doutora, polo que realizou outra tese doutoral, coa que tampouco obtivo o título de doutora (problemas burocráticos). Posteriormente, volve o continente americano onde chega a ser “Full Professor” (o equivalente a catedrática) ata que decide abandoar a súa carreira profesional e volver á Coruña para coidar da súa nai. Morreu na Coruña no 2014.
«Con trabajo y esfuerzo se puede conseguir lo que uno quiere.»
«Mi mayor orgullo son mis alumnos.»
«Tengo tendencia a ser feliz.»
María J. Wonenburger

4 de xan. de 2020

ENTRAMOS NO NADAL

Foron moitas as actividades do día das vacacións de Nadal; houbo para elixir. Tivemos cine na biblioteca, as actuacións do coro, baile no ximnasio, obradoiros de cociña e manualidades na cafetería, karaoke en música e patinaxe na pista que montaron na praza do pobo.
Pinchade nas fotos para poder ver os álbums da xornada.