Amosando publicacións coa etiqueta Día Muller na ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Muller na ciencia. Amosar todas as publicacións

10 febreiro 2025

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


Para o 11F, os departamentos de Ciencias programamos a película Madame Curie e, ao traballar a UD sobre a peli, reflexionaremos sobre o papel das mulleres no mundo da Ciencia.
Cos xogos de Polos Creativos, tamén podemos coñecer científicas que fixeron historia.

08 febreiro 2024

11 F, DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, 2024

Para o 11F, os departamentos de Ciencias vimos a película Figuras Ocultas e, ao traballar a UD sobre a peli, reflexionamos sobre o papel das mulleres no mundo da Ciencia.

Para pechar a actividades fixemos un mural con frases relacionadas co tema e coa peli que propuxo o alumnado.

Máis fotos picando na imaxe.

22 abril 2022

11 F, DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA, 2022

Para incorporar no programa Donas de si e conmemorando o día Internacional das Nenas e as Tecnoloxías da Información e a Comunicación, o alumnado de 4º da ESO na materia de TIC fixo unhas infografías, a continuación algúns exemplos.

Pica na imaxe para ver máis.

14 marzo 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS MATES, DÍA DO NÚMERO PI

Este curso, conmemoramos o día no centro con diversas actividades:
  • Proxeccións de vídeos sobre o número pi.
  • Experimento con número pi.
  • Outro número importante: o phi.

  • Tamén aproveitamos para responder a esa pregunta constante da rapazada de "para que valen as mates?", da man do matemático e divulgador Eduardo Sáenz de Cabezón.

E sen perder de vista a reciente conmemoración do día internacional da nena e a muller na ciencia, e enmarcada no proxecto Donas de si, rendímoslle a nosa particular homenaxe á xenial Hipatia de Alexandría, a través da proxección da película Ágora.


18 febreiro 2022

11 F, DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

O 11F, profesores e alumnos do CPI, capitaneados por Clemen (Tecnoloxía) e Tere (Lingua Castelá), recordaron na radio a vida de mulleres científicas que fixeron a nosa vida máis doada.
Aquí podemos escoitar a montaxe final.
En breve presentaremos un cuestionario e un concurso sobre o programa. Ata haberá agasallos.

11 febreiro 2022

11 F, DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

 Hoxe conmemoramos o día:

  • Cunha montaxe na entrada.
  • Coa visualización de curtas en 3º ESO B

  • Co macromural de 1º ESO A+B
  • Cos murais de 4º ESO

10 febreiro 2022

11 F, DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

Aquí algúns recursos que, para este día, crearon un grupo de científicas da Universidade de Sevilla.  Coa actividade “Científicas: Pasado, Presente y Futuro”, buscan incentivar vocacións científicas e visualizar o papel da muller na ciencia. En especial, queren achegar as nenas a este mundo, ofrecéndolles referentes nos que poidan sentirse reflectidas.

  • Cómic

  • “Pasapalabra”, con preguntas sobre logros de mulleres científicas.
  • Vídeo “5 científicas tienen 5 preguntas”

E non esquezades o calendario científico científico escolar da FECYT coa guía didáctica xa publicado.

04 febreiro 2022

09 marzo 2021

O 11F E 8M EN PROGRAMACIÓN DE 1º DA ESO

Os estudantes de 1º realizaron este mes uns traballos sobre a Muller na Ciencia nas clases de programación.

Esta é unha selección dalgúns programas que fixeron.

Marola, 1ºESO A - HEDY LAMARR, A INVENTORA DA WIFI

   

 Mauro, 1º ESO A - IRÈNE JOLIOT-CURIE, PREMIO NOBEL DE QUÍMICA 1935

Marta Gil, 1º ESO B -  ÁNGELES ALVARIÑO, PIONEIRA GALEGA NAS CIENCIAS DO MAR

Eyre, 1º ESO B - MARÍA MARTINÓN, PALEONTÓLOGA

Verónica, 1º ESO C - MARGARET HAMILTON, A CONQUISTA DO ESPACIO

Aroa, 1º ESO C - FELISA MARTÍN BRAVO, A PRIMEIRA METEORÓLOGA ESPAÑOLA

08 febreiro 2021

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, 11 FEBREIRO

O movemento #NoMoreMatildas, apoiado por importantes escritoras, científicas, institucións e medios de comunicación, denuncia un fenómeno, conocido como Efecto Matilda, que priva á sociedade de referentes femininos na ciencia.
Esta campaña, iniciada pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), publica un anexo para os libros de texto e tres biografías imaxinarias de Einstein, Fleming e Schrödinger,  coas que reivindica unha maior presenza das científicas e as súas achegas nos libros de texto escolares.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, 11 FEBREIRO

Para participar na nosa proposta, pincha na imaxe para saber máis.

11 marzo 2020

MULLERES CIENTÍFICAS




Para reivindicar o papel que tivo e que ten a muller na Ciencia, o alumnado de 3º da ESO fixo unha investigación sobre os descubrimentos e aportacións de diferentes científicas.

Estes son algúns exemplos dos traballos que fixeron:









11 febreiro 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, 11 FEBREIRO

Foi proclamado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.


Unha táboa periódica moi especial, a proposta pola enxeñeira química Teresa Valdés Solís, que está composta por nomes de mulleres científicas.
Unha idea fabulosa para visibilizar o traballo da muller neste eido.

11 febreiro 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, 11 FEBREIRO

Autora: María del Álamo Ortega
A iniciativa 11 de Febreiro pretende fomentar a organización de actividades e materiais que conmemoren o día Internacional da Muller e a nena en Ciencia en España.
Queren encher as axendas de actividades que conmemoren o día, que axuden a visibilizar o traballo das científicas, a crear roles femininos nos ámbitos da ciencia e a enxeñería e que promovan prácticas que favorezan a igualdade de xénero no ámbito científico.