30 de out. de 2016

CAMPAÑA CONTRA O ACOSO

Google, coa axuda de Android, queren concienciar sobre o acoso escolar e a amizade a través dun xogo mundialmente coñecido: pedra, papel e tesoiras.

CONCURSO, DÍA DA BIBLIOTECA

SEMANA DO 31 DE OUTUBRO
"Historia dos expedientes secretos, 3"
Descifrade a mensaxe que se agocha nos datos mesturados do correo electrónico.


  • Libro:
  • Autor:
  • Obra:
(Pedide a ficha na biblioteca ou descargádea aquí. Entregádea unha vez cuberta)

28 de out. de 2016

52000 LIBROS EN MOVEMENTO

A biblioteca de Nova York é unha das máis famosas e a súa sala máis reconocible é a Rose Main Reading Room.
Pois ben, despois duns arranxos importantes nos que estivo pechada, houbo que volver colocar os 52000 libros que gardaba.
Para celebralo, os bibliotecarios decidiron filmar o proceso neste
time-lapse espectacular.

25 de out. de 2016

23 de out. de 2016

CONCURSO: DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

S.O.S. Onde está a miña casa?
Con motivo da conmemoración do día das bibliotecas (24 de outubro), os habitantes da nosa celebraron a súa festa particular e, algún deles, despistado entre tanta troula, non soubo volver ao seu andel.
Axúdaos a regresar á súa vivenda-libro! Como?
  • Busca na Biblioteca os libros aos que pertencen, nalgún deles dámosche pistas e, se segues tendo dúbidas, podes pedir axuda aos profesores, botaranche unha man.
  • Anota o autor, o título e os datos que aparecen na etiqueta do lombo do libro.
  • Cobre a ficha que atoparás na Biblioteca e entrégaa alí.
  Animádevos a participar!

CONCURSO, DÍA DA BIBLIOTECA

SEMANA DO 24 DE OUTUBRO
“Historia dos expedientes secretos 2”

Tras un exhaustivo rastrexo, C.O.S.T.A atopou unhas anotacións bastante estrañas que están estreitamente relacionadas coa Clasificación Decimal Universal (C.D.U.), sistema utilizado nas bibliotecas para a clasificación e ordenación dos materiais, por iso nos piden axuda. Descubride a mensaxe secreta combinando números, letras, a C.D.U e a vosa capacidade de investigación. 

  • Museo de (7)____________ Raíña Sofía 
  • Colección de (75) _________________ 
  • Rúa Santa Isabel, nº (Medio ambiente + Relixión)___________, Madrid 
  • Colección (Literatura - Linguas) ________ 
  • Planta (Física - Matemáticas) ___________ 
  • Sala ( Música + Bioloxía + Debuxo - Ciencias Sociais) ______________ 

(Pedide a ficha na biblioteca ou descargádea aquí. Entregádea unha vez cuberta)

21 de out. de 2016

ENTREGA DO CERVANTES CHICO, 2016

Na mañá de onte, 20 de outubro, celebrouse a entrega do Premio Cervantes Chico 2016 a Ana Alcolea, no Teatro Salón Cervantes de Alcalá de Henares.
O Premio Cervantes Chico outórgase anualmente a un escritor ou escritora de lingua castelá cuxa traxectoria creadora destacase no campo da literatura infantil e xuvenil.

18 de out. de 2016

PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DAS LETRAS, 2016



Coñecemos o premiado no ámbito das letras dende xuño, Richard Ford, pero será na segunda quincena de outubro cando teña lugar a cerimonia de entrega dos Premios Príncipe de Asturias 2016.
Escritor, xornalista deportivo, guionista e editor estadounidense, Richard Ford naceu en Jackson (Misisipi) no ano 1944.
En 1976 sae publicada a súa primeira novela, "Un anaco do meu corazón", á cal lle seguiu "A última oportunidade", traballo co que obtivo moi boas críticas, pero pobres resultados comerciais. A mediados dos oitenta, asentado na cidade de Nova York e tras ser despedido da publicación Inside Sports, Richard Ford publica a novela "O xornalista deportivo", obra coa que obtivo fama mundial e gañou un Premio Faulkner.
Uns dos seus personaxes máis famosos e protagonista de gran parte dos seus traballos é Frank Bascombre, que foi considerado un alter ego de Ford e que revive situacións autobiográficas.


16 de out. de 2016

PREMIO PLANETA DE NOVELA, 2016

Dolores Redondo con "Todo esto te daré", ambientada na Ribeira Sacra ourensá, e Marcos Chicot con "El asesinato de Sócrates", centrada na antiga Grecia, resultaron ser a gañadora e o finalista do Premio Planeta de novela que, como cada ano, se falla a noite do 15 de outubro.

CONCURSO, DÍA DA BIBLIOTECA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Calendario do Libro e da Lectura 2016, sinala o 24 de outubro como o día das bibliotecas.
E nós queremos celebralo co concurso "Historia dos expedientes secretos" que iremos desenvolvendo durante varias semanas.
COMEZAMOS
Á volta das vacacións de verán, o equipo responsable da biblioteca recibiu unha nota do Comité Superior de Temas Anormais (C.O.S.T.A.), na que se cursaba a orde de elaborar un dossier de información, imprescindible para un dos roubos máis complicados que está investigando. 
Estamos ante un problema moi serio, alguén está en apuros e por iso precisamos a vosa axuda.
Por diante tedes cinco expedientes que debedes resolver. Iranse colgando semanalmente nas portas e no blog da biblioteca.
¡Ánimo!
SEMANA DO 17 DE OUTUBRO: Expediente 1
O primeiro paso será coñecer o espazo onde se levará a cabo a resolución das probas e o tipo de materiais que se poden utilizar.
A vosa misión será a seguinte: situar no plano o nome das distintas seccións onde están colocados os materiais. 
(Pedide a ficha na biblioteca ou descargádea aquí. Entregádea unha vez cuberta)

14 de out. de 2016

NOBEL DE LITERATURA, 2016

O cantante e escritor Bob Dylan gañou o Premio Nobel de Literatura de 2016 "por crear novas expresións poéticas dentro da gran tradición americana da canción".
Ademais de cancións, no ano 2004 Dylan publicou unha primeira parte das súas memorias (Crónicas, volume 1) que chegou a ser todo un bestseller. Tamén publicou traballos experimentais como Tarántula (1971) e unha recompilación dos seus escritos e debuxos en 1973.
Toda unha lenda da música, as letras das súas cancións foron continuamente publicadas en libros baixo o título de Lyrics
É autor de temas de fama mundial como Like a Rolling Stone ou Knockin' on Heaven's Door, pero quizá a súa creación máis universal é Blowin' in the Wind.