30 de nov. de 2016

PREMIO CERVANTES, 2016

Eduardo Mendoza é o gañador do Premio Cervantes 2016, o máximo galardón das letras españolas.

O xurado, segundo se recolle na acta, outorgoulle o premio porque, coa publicación en 1975 de A verdade sobre o caso Savolta, inaugura unha nova etapa da narrativa española na que se devolveu ao lector o goce polo relato e o interese pola historia que se conta, que mantivo ao longo da súa brillante carreira como novelista".
 

26 de nov. de 2016

GAÑADORES CONCURSOS

  •  Onde está a miña casa?
    Aarón Giráldez Machado.
  • Expedientes secretos:
    Deserto por incompleto ou incorrecto.

25 de nov. de 2016

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, 2016

 
Alejandro Palomas foi o galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na súa edición 2016 pola novela "Un hijo".
O Xurado decidiu premialo pola súa obra polifónica, profunda e emotiva que trata con orixinalidade temas actuais.

PERFORMANCE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este 25 de novembro tivemos no patio unha representación moi especial.
Dirixidos por Ruta (Dpto Música e Extraescolares), alumnado de 3º e 4º realizou, ante alumnado e profesorado, unha performance coa que "silenciosamente" levantaba a súa voz contra a violencia de xénero.
Magnífica a atención coa que os seus compañeiros presenciaron a posta en escea.
Creo que nos sorprenderon a todos.
Aquí tedes unha pequena mostra.

NOVIDADES

Recordade que o noso andel de novidades está cheíño de títulos que encherán o voso lecer de diversión e sorpresas. Pasade pola biblioteca a comprobalo.



CONCURSO NADAL

DECORAMOS A PORTA DA BIBLIOTECA
Ao igual que fixemos en cursos pasados, queremos decorar a porta da biblioteca para o Nadal coa vosa colaboración.
Bases:
  • Participantes: poderá participar quen o desexe, individualmente ou en grupo.
  • Prazo: a data límite para entregar os proxectos será o 2 de decembro. A entrega farase na biblioteca ou en Plástica.
  • Tema: o Nadal. 
  • Procedemento: realizarase o deseño nun folio no que, ademais, se expliquen os materiais empregados na súa realización. Lembrade que ha de ser papel, cartón, cinta, algodón, ou calquera material fácil de conseguir e económico.
  • Xurado composto por
  • Un membro do equipo da biblioteca.
  • Un membro do Equipo Directivo
  • A profesora de Educación Plástica e outro profesor/a do centro
  • Un delegado ou subdelegado elixido de entre os non participantes.
  • Gañador: elixirase un único premiado de entre todos os traballos presentados. 
  • Premios: realización do deseño na porta da biblioteca. Un agasallo a elixir entre: un Mp4, unha selección de libros, un videoxogo educativo, material escolar (arquivador, pen drive…)
Aquí tedes algún modelo:

16 de nov. de 2016

PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA, 2016


Cristina Fernández Cubas logrou o premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa coa obra «La habitación de Nona». O xurado do galardón, dotado con 20.000 euros e concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, destacou «a madurez dunha obra que representa a excelencia do relato breve». Segundo o veredicto, Fernández Cubas «mestura con mestría o cotián e o fantástico, alcanzando a esencia e a vitalidade propias do mellor deste xénero literario».
Cristina Fernández Cubas estudou en Barcelona Dereito e Xornalismo, profesión que exercería posteriormente. É autora dos libros de relatos: Mi hermana Elba, Los altillos de Brumal, El ángulo del horror... Escribiu, ademais, novelas como
El año de Gracia, El columpio, La puerta entreabierta ou teatro en Hermanas de sangre.

PREMIO NACIONAL DE POESÍA, 2016

A poeta cordobesa Ángeles Mora foi galardoada hoxe co Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía pola obra Ficciones para una autobiografía.
Ángeles Mora Fragoso (Córdoba, 1952) é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Granada, onde foi profesora de Lingua e Literatura Española. Actualmente é presidenta da Asociación de Muller e Literatura Verso Libre e membro numerario da Academia de Boas Letras de Granada.
Entre a súa bibliografía destacan libros como Pensando que el camino iba derecho (1982), La canción del olvido (1985), La dama errante (1990), La guerra de los treinta años (1990), Cámara subjetiva (1996), Caligrafía de ayer (2000), Contradicciones, pájaros (2001) o Bajo la alfombra (2008).

MAGOSTO 2016

O luns día 14 celebramos o magosto e, coma sempre, houbo lume, castañas e xogos. 
Podedes ver a intensa participación na montaxe fotográfica que segue. Parece que non o pasaron mal.
MAGOSTO 2016 on PhotoPeach

13 de nov. de 2016

CONCURSO, DÍA DA BIBLIOTECA

SEMANA DO 14 DE NOVEMBRO
"Historia dos expedientes secretos, 5"
Supoñemos que xa sabedes de que cidade se trata e onde se atopa o cadro roubado: pero, queda algo máis: buscade a dirección do lugar no que se esconde a obra roubada e entregádea na biblioteca.

6 de nov. de 2016

CONCURSO, DÍA DA BIBLIOTECA

SEMANA DO 7 DE NOVEMBRO
"Historia dos expedientes secretos, 4"
Xa se vai desvelando o misterio. Coñecemos o autor e a obra roubada, pero o traballo continúa, pois descoñecemos o lugar no que agora se esconde.
A semana pasada chegounos un pequeno paquete cunha gravación das cámaras do Museo. Trátase dunha conversa na que interveñen persoas en distintos idiomas: inglés, francés e galego.
A misión para esta ocasión é a seguinte: buscar as palabras que non comprendemos e traducilas.

-Segundo ordes recibidas do noso boss, o lugar no que se esconde o material do robbery está lonxe do Museum.
-Debemos connaître a forma máis rapide e sûre de le trouver.
-Eu teño as instructions para saber como chegar; trátase dunha city of the North, tamén se chama a cidade olívica e ten unha square na que oshorses se elevan sobre unha source coma se voasen.
-¿Alí mesmo se atopa o tableau?
-Si, secret in the FRAME

(Pedide a ficha na biblioteca e entregádea unha vez cuberta)

4 de nov. de 2016

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Proposta de traballo para as titorías

Este curso queremos utilizar as cancións, como ferramenta didáctica, para traballar na aula a igualdade e a violencia de xénero.

Desenvolvemento da actividade:
  1. O titor dividirá a clase en grupos que traballarán, cada un, cunha canción distinta. Procurarase non repetir as cancións nas distintas aulas.
  2. Unha vez elixidas, comezarase entregando as letras e vendo o seu videoclip.
  3.  A continuación, xa en grupo, analizarán as letras para destacar todas as frases que encerran violencia e/ou desigualdade.
  4. Por último, nunha cartolina, coa canción elixida como motivo central, crearán un produto que combine texto e imaxe. Os mellores, na semana do 25 de novembro, poderanse expor polo centro e subiranse ao blog da biblioteca.

Algunha canción posible:


ALEJANDRO SANZ. “Completamente loca”
AMARAL . “Salir corriendo”
AMISTADES PELIGROSAS. “Quítame ese velo
AMPARANOIA & ARI. “Ella baila Bembé”
BASSI. “Trato p’al maltratro”
BEBE. “Ella”
BEBE. “Malo”
CANTO DEL LOCO. “Acabado en A”
CHOJIN & LYDIA. “El final del cuento de hadas
CHRISTIAN MEIER & MIQUEL ERENTXU. “La novia de nadie”
DANZA INVISBLE. “La mujer ideal”
DEF CON DOS. “Ellas denunciaron”
DNOÉ. “Deteneos chicos, defendeos chicas”
EFECTO MARIPOSA. “Hoy por mí”
EL ARREBATO. “Mirando por ti”
EL BARRIO. “Verbo sufrir”
ELLA BAILA SOLA. “Mujer florero”
HUECCO & HANNA. “Se acabaron las lágrimas”
INMA SERRANO. “Acabaré”
ISMAEL SERRANO. “Caperucita”
JACKAL. “No más golpes”
LOS SUAVES. “No le grites”
LOS SUAVES. “Pobre Sara”
MAGO DE OZ. “Hasta que tu muerte nos separe”
MALA RODRÍGUEZ. “Nanai”
MALÚ. “Aprendiz”
MANÁ. “Ángel de amor”
MANUEL CARRASCO & MALÚ. “Que nadie”
MECANO. “Mujer contra mujer”
NO RELAX. “016”
NOSOTRÄSH. “El enemigo en casa”
ORISHAS. “Mujer”
PASÍÓN VEGA. “María se bebe las calles”
PEDRO GUERRA. “Hogar”
PEDRO GUERRA. “Lilith”
PEDRO GUERRA. “Niña”
PLATERO Y TÚ. “La maté porque era mía”
REVOLVER. “Lo que Ana ve”
Calquera outra que o alumnado coñeza.

LIGAZÓNS DE INTERESE: (En Pinterest teredes que estar rexistrados)
 Taboleiro musical
https://es.pinterest.com/bibliocaniza/violencia-de-x%C3%A9nero-iii-m%C3%BAsica/
https://es.pinterest.com/bibliocaniza/violencia-de-x%C3%A9nero-ii-audiovisual/
http://www.valencia.es/ayuntamiento/tablon_anuncios.nsf/0/0CC09E4BC29FA942C1257C20004087EF/$FILE/150%20canciones%20para%20trabajar%20la%20prevenci%C3%B3n%20de%20la%20violencia%20de%20g%C3%A9nero%20en%20el%20marco%20educativo.pdf?OpenElement&lang=1