venres, xuño 22

ATA SETEMBRO

Por fin o verán e xa lle tiñamos ganas!!!!!
Aquí os deberes.

FESTIVAL FIN DE CURSO

Pechamos o curso cunha festa final na Casa da Cultura, na que, xunto ás actuacións musicais, poderemos despedir ao alumnado de 4º como se merece.

Estreámonos nas cerimonias de graduación, polo que se entende o alboroto. Melloraremos na próxima.

   
As nosas mestras de cerimonias
























Gañador concurso banda deseñada
Gañadores "Pasaportes lectores"
Mellores lectoras biblioteca





xoves, xuño 14

PREMIOS BIBLIOTECA


MELLORES LECTORES
  • María del Carmen Rodríguez Outerelo, 2º A
  • Silvia Álvarez ALejandro, 1º C
  • Noelia Díaz Álvarez, 4º B

PASAPORTES LECTORES
  • Arón Giráldez Machado, 3º A (13 pasaportes entregados)
  • Iván Lavouras Barros, 3º A (6 pasaportes entregados)
NO FESTIVAL DE FIN DE CURSO RECIBIRÁN UN AGASALLO

martes, xuño 12

LIMPEZA E RECICLAXE

O 5 de xuño non puido ser polo mal tempo, pero, por fin, co alumnado de 2º A limpamos o patio.
A partir de hoxe, teremos tamén unha brigada de vixilancia con alumnos voluntarios.
Colaboremos.



martes, xuño 5

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Nun día coma hoxe insistimos en que hai que coidar o que nos rodea.
Por iso aproveitamos esta idea de Ecoembes para recordalo.

domingo, xuño 3

REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR

Sogama ofrécenos un manual de boas prácticas para o aforro de enerxía e auga e para a reducción da produción de lixo.
REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR para lograr un modelo de consumo sostible.

venres, xuño 1

VALORES ÉTICOS CO MEDIO AMBIENTE

O alumnado de valores éticos, co obxectivo de concienciar, anímanos a participar na xornada de limpeza de patio. Alí estaremos.
Xa empezamos a ver tamén os seus traballos.
Papel from ME PP