19 xuño 2026
18 xuño 2026
05 xuño 2026
O CORO, POR VIGO
Os alumnos de coro tiveron unha xornada de relax, na praia de Samil. Tamén visitaron o Museo do mar e participaron nun xogo de pistas.
As pilas cargadas para acabar o curso!
15 maio 2026
AS LETRAS EN MÚSICA
13 maio 2026
OS DE 2º EN CELANOVA
27 marzo 2026
DESPEDIMOS O TRIMESTRE
Cun Got Talent e cun mundialito de voleibol pechamos o trimestre. Toca agora cargar baterías para comezar o último con moita gana!
23 marzo 2026
30 xaneiro 2026
20 novembro 2025
MÚSICA E NOVAS TECNOLOXÍAS
17 xuño 2025
MÚSICA POLA IGUALDADE
Xa temos os resultados do programa educativo XÉNERO VERSOS, no que participou o alumnado de 3º ESO.
Escoitade e lede. E parabéns ao alumnado polo traballo.
05 xuño 2025
EXCURSIÓN DO CORO
Hoxe, os alumnos de coro visitaron as termas de Salvatierra, e quedaron moi relaxados para afrontar os últimos examenes do curso. Gozaron no parque de Canuda, visitaron a vila de Monçao, en Portugal, fixeron algunhas compras na feira e actuaron na praza do pobo.
14 maio 2025
VISITA 2º ESO
08 maio 2025
CELANOVA, 2025
Visita completa, onde recitaron e ata cantaron. Entrade e mirade.
14 abril 2025
CANTARES DE PRIMAVERA, 2025
Non puidemos despedir o trimestre coas actividades deportivas (cancelamos polas previsións meteorolóxicas, que ao final non se cumpriron), pero si co concerto de primavera que Ruta (profesora de música) organiza co coro e con alumnos de 2º.
Houbo canto, pero tamén baile. Entrade na galería.
03 abril 2025
22 xuño 2024
FESTIVAL E GRADUACIÓN 2024
E así pechamos o curso.
Foi unha xornada intensa, sobre todo para os de 4º que se despedían felices. Ademais do festival de música e os bailes, a cerimonia de graduación encheu a xornada e ata houbo bágoas.
Botarannos de menos?
17 xuño 2024
ECOPERCUSIÓN
Hoxe, o alumnado de 1º participou nun taller de percusión "Ecopercusión", co profesor Eduardo. E o realmente novidoso foi experimentar con materiais reciclados: cubos de pintura, bidóns, tixolas...



.jpg)









