29 de out. de 2019

O QUE ARDE

Os alumnos de 3º e 4º desprazáronse ata Vigo, aos Multicines Norte, para ver a película “O que Arde”, galardoada no festival de Cannes.
A idea era concienciar ao alumnado da riqueza do lugar onde viven tanto natural como lingüísticamente, pois foi a primeira vez que unha película en lingua galega gana o festival de Cannes.

28 de out. de 2019

COMEZA O CLUB DE LECTURA

O alumnado do club de lectura de 3º e 4º comparte co alumnado do IES da Cañiza e o IES de Ribadavia unha actividade no Museo Etnolóxico de Ribadavia.

25 de out. de 2019

PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA, 2019

Cristina Morales foi galardoada este martes polo seu libro Lectura fácil, unha crítica ás institucións  paternalistas, a falsa integración da esquerda e o machismo en boca de catro mulleres con discapacidade intelectual.
É licenciada en Dereito e Ciencias Políticas. É autora do libro de contos A merenda das nenas (2008) e Os combatentes (2013), un libro sobre unha pequena asemblea de indignados. En 2015 publicou Malas palabras, unha novela sobre Santa Teresa de Jesús; e, en 2017, Terroristas modernos.
    

24 de out. de 2019

DÍA DA BIBLIOTECA


Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día da Biblioteca, a iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro infantil y Juvenil desde o ano 1997.
Este año, o pregón é de Gemma Pasqual e leva por título "La sin cuento". O cartel foi realizado polo ilustrador Miguel Calatayud.

21 de out. de 2019

VISITA DE ANXO FARIÑAS A NOSA BIBLIOTECA!!!!!!!!

Tivemos a visita de Anxo Fariñas, na nosa Biblioteca, 
e os máis pequenos descubriron o divertido que é o traballo 
de debuxante. 
Ademáis contoulle un conto cheo de maxia, do que  é autor ,
 despertando nos peques  a ilusión polos libros.

Moitas gracias pola visita,  Anxo
e gracias ao Concello por facer posible esta actividade.




 

 
 

 


19 de out. de 2019

PREMIO CERVANTES CHICO, 2019

O pasado 2 de xullo reuniuse o xurado do Premio Cervantes Chico 2019 e acordou outorgar o galardón deste ano, a  XXIII edición, a Carlo  Frabetti.
O escritor italiano (Bolonia, 1945) é matemático, escritor, guionista de televisión e crítico de cómics. Cultiva desde fai unha trintena de anos a literatura infantil e xuvenil, a divulgación científica para nenos e mozos con libros como El Juego de la Ciencia e La Aventura de la Ciencia e a matemática recreativa en libros de enigmas lóxicos dirixidos na súa gran maioría a nenos e a mozos (Malditas matemáticas). Traballou escribindo e/ou dirixindo numerosos programas de TV, como La Bola de Cristal, El duende del globo, Ni a tientas, ni a locas o Colorín Colorado, dirixidos ao público infantil e xuvenil. Publicou máis de setenta libros, entre os que destacan: El bosque de los grumos e os protagonizados polo anano  Ulrico. Tamén estreou varias obras de teatro.
  

  

17 de out. de 2019

PREMIOS PLANETA DE NOVELA, 2019

Javier Cercas con "Terra Alta" e Manuel Vilas con "ALegría" son o gañador e finalista do LXVIII Premio Planeta 2019.
"Terra Alta" trata sobre un crime terrible que sacode a apracible comarca da Terra Alta: os propietarios da súa maior empresa, Gráficas Adell, aparecen asasinados tras ser sometidos a atroces torturas. Encárgase do caso Melchor Marín, un policía de escuro pasado.
En "Alegría", o éxito desbordante da súa última novela embarca ao protagonista nunha xira por todo o mundo. Unha viaxe con dúas caras, a pública, na que o personaxe se achega aos seus lectores, e a íntima, na que aproveita cada espazo de soidade para  rebuscar a súa verdade, nunha necesidade inaprazable de atopar a felicidade.


16 de out. de 2019

PREMIO NACIONAL LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, 2019

O autor  Raimon  Portell foi galardoado con este premio pola obra escrita en catalán “ Camins d’ aigua”, segundo dunha triloxía.
Raimon  Portell (Barcelona, 1963) estudou filoloxía, exerceu o ensino e dedícase á escritura. Colaborou coas revistas El Mundo de los Pirineos, Viajes National Geographic, Descobrir Cuina i Sàpiens, entre outras, e tamén con algúns diarios. Foi director da revista  Descobrir Catalunya, e xefe de redacción de  Infància e de  Altaïr. Recibiu dous premios de xornalismo polo seu labor.
É autor dos ensaios ‘Els  mestres da República’, ‘Els  mestres da República en  imatges’ e ‘Marta Mata, o  camí de  l’ escola’. Publicou tamén os libros de viaxes ‘Unha  cançó de  Cap  Verd’, ‘ L’ombra de  Venècia’ e ‘O  Somni do  jaguar’.
Ademais escribiu os libros: Vull unha coroa! e a triloxía A  llum d’ Artús: Camins de  nit, Camins d’aigua e Camins d’hivern.

10 de out. de 2019

NOBEL LITERATURA, 2018 E 2019

A polaca Olga Tokarczuk e o austriaco Peter Handke son os gañadores do Nobel de Literatura 2018 e 2019.

Por primeira vez na súa historia, a Academia concedeu no mesmo día os premios de dous anos consecutivos, tras os escándalos de abusos sexuais e filtracións que lle levaron a aprazar 12 meses a asignación do galardón de 2018. 
Tokarczuk formouse como psicóloga e debutou co seu primeiro libro a principios dos noventa. Apenas un puñado das súas novelas se poden ler en castelán: Sobre los huesos de los muertos, Un lugar llamado Antaño o Los errantes.
Respecto a Peter  Handke, hai que lembrar que toda a controversia do mundo cabe na obra dun autor que  bracea contra a corrente xeral. 
Nacido na rexión austríaca de  Carintia, estudou dereito na cidade de  Graz, aínda que pronto se consagrou en exclusiva a unha vocación literaria. Algúns dos seus títulos: Desgracia impeorable, Carta breve para un largo adiós, El miedo del portero al penalty, Insultos al público, El pupilo quiere ser tutor...

2 de out. de 2019

CONCURSO, DÍA DA BIBLIOTECA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Calendario do Libro e da Lectura 2019, sinala o 24 de outubro como o día das bibliotecas.
E nós queremos celebralo co concurso "15 retos para outubro", no que pedimos localicedes, na biblioteca, 15 libros cunhas características moi especiais.
Pedide na biblioteca a ficha de participación e entregádea antes do 31 de outubro.
Que a busca sexa grata.

BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA

Este é o lema deste curso 2019-20 para os materiais que a Consellería de CEOU edita para a Biblioteca escolar.
Queremos unha biblioteca que poida facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria.
Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar.

1 de out. de 2019

OUTUBRO, MES DA BIBLIOTECA ESCOLAR


A Asociación Internacional de Biblioteconomía Escolar (IASL) aprobou, en decembro de 2007, que durante o mes de outubro de cada ano se celebre o Mes Internacional da Biblioteca Escolar. O lema deste ano 2017 é “"Conectando Comunidades e Culturas".
Dende a nosa Biblioteca, non encontramos mellor forma de unirnos a este lema, que recomendar Rutas de lectura, unha guía para traballar a lectura compartida. É un material gratuíto e descargable en pdf, que forma parte dun proxecto máis amplo no que participan todos os sectores do mundo do libro: educación, familias, librerías, bibliotecas, editoriais…

SAÚDO ÁS FAMILIAS