28 de xuño de 2016

FESTIVAL FIN DE CURSO ESO

FESTIVAL FIN DE CURSO 2016 on PhotoPeach
O luns 20, celebramos na Casa da cultura o fin de curso. O acto, presentado polos alumnos de 3º A, David e Isabel, contou coa participación dos alumnos de música e coa colaboración especial de Iván e Cris, da orquestra Nueva Imagen e do grupo Café Olé respectivamente.
O equipo de Dinamización lingüística aproveitou o momento para entregar os premios ao concurso de banda deseñada. Os galardoados foron:
  • 1º premio: Nacho Domínguez, Alejandra Carballo e Brian Gómez de 1º C.
  • 2º premio: Marcos Álvarez e Nacho Álvarez de 1º B.
 Aquí recollemos algunha das intervencións.


17 de xuño de 2016

A NOSA FEIRA DO LIBRO

A feira do libro chegou ao cole!!
Unha das actividades mais salientables deste ano foi a nosa feira do libro,
O trece de maio, os alumnos de infantil e primaria intercambiamos os libros que trouxemos uns días antes polos polos que trouxeron os compañeiros.
Un sistema de bonos de cores indicábanos a cantidade e o tipo de libros que podíamos coller según fora nosa propia aportación.
A feira foi un éxitazo, tanto que o equipo da biblioteca ten pensado que ano que ven tamén podan participar os adultos das nosas famillias (e aos profes)



8 de xuño de 2016

PREMIOS BIBLIOTECA


MELLORES LECTORES


  • Christopher Costa Marín, 2º A
  • Iván Lavouras Barros, 1º C
  • Mª del Pilar Limeres Pérez, 2º C


PASAPORTES LECTORES


  • Wenjing Cheng, 2º A
  • Breogán Pérez Gil, 2º A
  • Christopher Costa Marín, 2º A

3 de xuño de 2016

MAQUETAS DE CIENCIAS

Que temos alumnado creativo sabémolo ben, só precisan que os animemos a selo. Aquí pódense ver os resultados das maquetas realizadas en Ciencias sobre a célula e as partes da flor.
A CÉLULA E A FLOR - CIENCIAS 2016 on PhotoPeach