31 de mar. de 2020

MÁIS MENSAXES DE APOIO E UNHA SORPRESA!

Hoxe temos unhas mensaxes do alumnado de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza!

Comezamos con Daniela, de 2ºB, que fixo esta pancarta tan chula para darlle ánimos a toda a poboación da Cañiza.



Tamén nos mandan uns debuxos de ánimo que están a facer estes días na casa algúns nenos e nenas. Neste caso, temos unha foto de Candela, de 3ºB, e seu irmán Martín, de 5º de Infantil A. Ao lado, uns debuxos de Erik Vidal, de 5º de Infantil B.




Por último, a sorpresiña que comentabamos no título desta entrada.
Alguén quixo mandarnos unha mensaxe dende máis alá do Atlántico: Mary Katherine!
Aínda que está lonxe tamén se acordou de todo o alumnado e mándanos esta mensaxe de apoio e un abrazo para todos e todas. Nós tamén te botamos de menos, MK!


2ª AVALIACIÓN

Como informamos na web do cole, seguindo orde da Inspección Educativa, realizaremos a segunda avaliación cos datos que teñamos do alumnado ata a declaración do estado de alarma.
As cualificacións entregaranse ás familias e ao alumnado antes do comezo das vacacións de Semana Santa, a través da aplicación abalarMóbil.

RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 8
Entrena na casa co preparador físico de Operación Triunfo.

30 de mar. de 2020

29 de mar. de 2020

SEGUIMOS COS ÁNIMOS DAS PROFES DE INFANTIL E PRIMARIA!


Hoxe é o turno das profes Sara, de Infantil, e Fátima e Cristina de 2º de Primaria.

A profe Sara explícanos unha manualidade moi sinxela que podemos facer na casa. Se vos animades, compartide os vosos resultados con todos nós!



Por outra banda, as profes de 2º de Primaria mandan ánimos ao seu alumnado de dúas maneiras:

A profe Fátima, de 2ºA, con este vídeo de fotos dos seus nenos e nenas cunha canción que seguro que escoitastes moito estes días.




E a profe Cris, de 2ºB, mándavos ánimos con esta foto do alumnado no Entroido. 

OS SUPERHEROES DO CONFINAMENTO




28 de mar. de 2020

SEGUIMOS COAS MENSAXES DAS PROFES!



As profes Antía. Raquel e Maite tamén se acordan de todos e todas! Deixáronnos unha mensaxe para que compartamos convosco nestes momentos.

Comezamos coa profe Antía, que nos di o seguinte:

"En estos días de encierro podemos pasar por momentos duros y de incertidumbre, a mí me ayuda utilizar la música como terapia. Comparto esta canción de Manu Chao titulada "si me das a elegir". Yo elijo quedarme en casa, elijo cuidarme y cuidar a los míos, elijo la solidaridad, la empatía y el amor. Mucho ánimo para todos, vamos a salir reforzados de esto."





Por outro lado, a profe Raquel, de Infantil, tamén nos da ánimos para pasar os días e desexa que nos volvamos a ver pronto todos e todas.




E por último, Maite, mestra de PT, déixanos unha imaxe de ánimo para todos e todas dende a súa casa!


BENVIDOS

Podemos imaxinar estes días de confinamento sen Internet? Que difícil? Non, si?
A unha escola perdida no corazón dos Andes chega unha asombrosa novidade que revoluciona a vida da comunidade. “Benvidos” narra a chegada da internet a este poboado grazas ao programa Luces para Aprender.

CAMBIO DE HORA

Esta noite non esquezades.
Este costume de atrasar o reloxo en inverno e adiantalo en verán empezouse a usar de forma xeneralizada en 1974 tras a primeira crise do petróleo. O obxectivo era poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir menos electricidade.
O cambio supón un aforro potencial estimado de enerxía que podería alcanzar o 5%, ao redor de 300 millóns de euros, segundo estimacións do Instituto de Diversificación para o Aforro Enerxético (IDAE).
Non obstante, non todo o mundo está de acordo con este cambio de hora. A Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois (ARHOE), insiste na importancia de non efectuar este cambio para "estar en harmonía coa luz solar".
Esta medida non só se adopta en España, senón que se leva a cabo nuns 70 países en todo o mundo; en concreto, todos os países de Europa, América do Sur, África, algunhas zonas de Estados Unidos e Canadá. É Xapón o único país industrializado que non se adaptou a esta normativa.

27 de mar. de 2020

AS PROFES TAMÉN VOS BOTAN DE MENOS!


As profes de Educación Infantil do CPI da Cañiza tamén se acordan dos seus alumnos e alumnas dende as súas casas.

No primeiro vídeo, Mirian, a profe de 3 anos, fixo un pequeno recordo para os seus, que vexan que non se esquece deles.





Neste segundo vídeo, Nieves, profe de 4 anos, cóntanos un conto a todos e todas! Estade moi atentos!




Lembrámosvos que podedes participar mandando os vosos audios, vídeos ou imaxes ao email los40colegiales@gmail.com

Animádevos! 

QUEN SE ATREVE?!

Xa temos as primeiras respostas ao reto que vos lanzamos; ata houbo quen lle puxo nome, sachosport.
E son profes; Ruta e Miguel!!!
Quen é o seguinte?

RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 6


Hoxe toca inventar un deporte combinando actividades recoñecibles: 
  • Limpando cristais exercito brazos.
  • Fago pesas coas bolsas da compra.
  • Sacho a horta a ritmo de zumba.
  • ...
Ánimo e a crear. A ver se se anima tamén algún profe.

27 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DO TEATRO

 

O día 27 de marzo celébrase, dende o 1961, o Día Mundial do Teatro, por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI).
Un dos actos máis representativos é a circulación da Mensaxe Internacional, tradicionalmente escrita por unha personalidade de prestixio. O elixido este ano é o recoñecido Carlos Celdrán, un dos máis destacados directores cubanos.

Aquí destacamos algúns recursos e páxinas de interese para desenvolver o tema nas aulas:

IMPRESORAS 3D

Desde o Centro Galego de Robótica e coordinándonos co seu responsable Luís, o CPI A Cañiza colabora prestando as súas dúas impresoras 3D para a creación de Máscaras e  respiradores no proxecto  SICNOVA "XUNTOS IMOS A COMBATER O  COVID-19".
Ademais, baixo a proposta de Luís, utilizaranse para a creación destes obxectos para os maiores e persoas de alto risco na nosa localidade, para previr o contaxio e garantir o seu estado de saúde.

26 de mar. de 2020

OUTRO RETO MÁIS!!!!

Como xa sabedes, dende hai días imos publicando un reto que nos propón Olaia, a profesora de Educación Física.
E aquí presentamos outro, quen se atreve a mandarnos un vídeo ou fotos que demostren que fixo algún deles?
Podedes mandalos a profecpi@cpidacaniza.com
Os mellores verédelos no blog.
E para mostra, aquí tedes a Olaia co primeiro.

RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 5
Ioga. Estira, reláxate, proba unha actividade física nova.

25 de mar. de 2020

E MÁIS BAILE

Dous profesores da academia de baile Passion Dance School de Ibiza, prepararon unha coreografía coa canción “Quédate en casa”.
A intención, segundo explican, é lanzar un reto: que o maior número posible de persoas a aprenda e baile na casa.

BOTAMOS UN BAILE?

E por que non aproveitamos a corentena para aprender baile tradicional?
Antonio Prado, na súa canle de Youtube, permítenos empezar dende cero.
E aquí a primeira clase.

TVG

A CRTVG emitirá de luns a venres, pola G2, un bloque educativo para apoiar os estudantes galegos.
En colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a  iniciativa busca facilitar un complemento educativo aos contidos que os alumnos reciben dos centros de ensino.

RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 4
Zapatilla challenge. É máis difícil do que parece.

23 de mar. de 2020

ANIMACIÓN

No cine podemos atopar unha boa válvula de escape e, tanto Pixar, como Disney, son unha fonte incalculable.


RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 2
Entrenamos na casa e, aínda que non fará falta recordalo, debemos levar tenis; nada de ir descalzos.
Sigue o vídeo.

22 de mar. de 2020

LECTURAS PARA TEMPOS DE RECLUSIÓN - SELOS EDITORIAIS

  • Anagrama. Tamén se suma á iniciativa e publica cinco ebooks gratuítos.
  • Roca editorial. Ofrece vinte e catro libros a cero euros nas principais plataformas de libros electrónicos e anuncian que “pronto serán algúns máis”.
  • Penguin Random House. Propón para estes días un gran número de actividades sen saír de casa relacionadas co mundo da lectura e o libro. Ademais, anuncia que cada xoves poderanse dispoñer de dous audiolibros gratuítos para poder escoitar en compañía. Sen dúbida, outra maneira de poder gozar da lectura.
  • Editorial Hearst España. Dende o 12 de marzo ata o 1 de abril, ofrece acceso gratuíto a 19 publicacións (10 minutos, harper’s bazaar, que me dices, elle, Cosmopolitan, mi casa, nuevo estilo, fotogramas… ) dende a plataforma Kiosco y más.

LECTURAS PARA TEMPOS DE RECLUSIÓN - PLATAFORMAS

  • Plataforma de lectura dixital ELBE.2 Como xa sabedes, para entrar precisades a identificación e a chave de acceso. A identificación, se a esquecestes, podedes pedila ao correo da biblioteca bibliocaniza@gmail.com deixando claro o nome, apelidos e curso. A chave de acceso: Galicia1234
  • GaliciaLe. Plataforma con catálogos en castelán e galego á que se accede co número de carné de calquera biblioteca municipal. Como estamos nunha situación singular, se non tés carné de biblioteca podes rexístrate e coas claves que recibirás, acceder igualmente ao Catálogo galego. Cando remate a corentena, disporedes de 30 días para achegarvos á biblioteca a solicitar o carné para seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.
  • Nubico. Plataforma de lectura on line que nos permite 15 días gratis de suscripción.
  • Amazon. A plataforma conta cun apartado de libros electrónicos Kindle gratuítos que calquera usuario poderá incluír no seu dispositivo Kindle de forma fácil e en apenas un paso. Ademais, Kindleunlimited é o servizo de Amazon de descarga de eBook e permítenos gozar dun mes gratis.

21 de mar. de 2020

PARA AS FAMILIAS

Listaxe de iniciativas de  Apps españolas que están a ofrecer gratis os seus contidos para axudar a que os nenos sigan aprendendo desde casa.
  • Academons Primaria: ofrece 30 días de acceso gratis a todo o seu catálogo de xogos de Matemáticas, Lingua, Inglés, Ciencias e Ciencia.
  • Ta- tum: con acceso gratuíto ata o mes de xullo para o fomento da lectura.
  • Smartick: esta App malagueña está a ofrecer acceso 15 días gratis para repasar as matemáticas.
  • Genially: a plataforma para facer presentacións interactivas ofrece por un tempo limitado as plantillas e recursos  Premium gratis 
  • AMCO: acceso os xogos de Mates e Lingua da súa App  Eduzland gratis por un tempo limitado.
  • Smile  and  Learn: esta App para os máis pequenos da casa está a ofrecer acceso gratuíto durante un mes ao seu catálogo de xogos interactivos.
  • Cerebriti Edu: ofrece os seus máis de 50.000 xogos de Primaria e Secundaria gratis ata final de curso.

VIDEOXOGOS

Matteo  Sciutteri, o cofundador e deseñador da  desarrolladora independente  Runehead, encargouse de crear e compartir un documento  online onde figuran miles de claves individuais para descargar videoxogos de forma gratuíta.
O arquivo inclúe títulos para  PC,  PlayStation 4,  Xbox  One e  Nintendo  Switch.

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

Nun día como hoxe, o noso compañeiro e tamén poeta Xabier Xil Xardón, fainos chegar este documental sobre a poesía galega recente.

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

Y la gente se quedó en casa. 
Y leyó libros y escuchó.
Y descansó y se ejercitó. 
E hizo arte y jugó.
Y aprendió nuevas formas de ser. 
Y se detuvo.

Y escuchó más profundamente. Alguno meditaba.
Alguno rezaba. 
Alguno bailaba.
Alguno se encontró con su propia sombra.
Y la gente empezó a pensar de forma diferente.

Y la gente se curó.
Y en ausencia de personas que viven de manera ignorante.
Peligrosos. 
Sin sentido y sin corazón.
Incluso la tierra comenzó a sanar.

Y cuando el peligro terminó. 
Y la gente se encontró de nuevo.
Lloraron por los muertos. 
Y tomaron nuevas decisiones.
Y soñaron nuevas visiones. 
Y crearon nuevas formas de vida.
Y sanaron la tierra completamente. 
Tal y como  ellos fueron curados.

APRENDEMOS EN CASA

O Ministerio de Educación e FP e RTVE lanzan unha programación especial para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión de clases presenciais.
Serán cinco horas diarias de programación educativa, dirixida a estudantes de entre 6 e 16 anos que se emitirá en aberto a partir deste luns na franxa matinal de Clan TV e A 2 de TVE.

21 MARZO, DÍA DA POESÍA

Nestes momentos de encerro, a lectura pode ser unha fantástica vía de escape; por iso, dende a biblioteca, recomendamos:
Acción Poética

20 de mar. de 2020

RETOS PARA UNHA VIDA SA

RETO 1
Comezamos hoxe os retos que nos pon Olaia de Educación Física; haberá que manter a actividade neste confinamento.
Hoxe toca facer malabares con panos. Os dous primeiros minutos deste vídeo valen de axuda.
E a esperar polo reto do luns!

14 de mar. de 2020

EDUCLAN

Clan lanza o luns 16 de marzo  Educlan. Unha iniciativa que ofrecerá ás familias recursos educativos de calidade que complementen os seus produtos de entretemento durante o período de suspensión das clases.
Esta iniciativa, coordinada xunto ao Ministerio a través do  INTEF, conta coa colaboración desinteresada das principais editoriais educativas do país (EDEBE, ANAYA,  SM,  McGraw  Hill e  Smile& Learn), que cederon unha selección dos seus mellores materiais educativos.
Os contidos agruparanse en tres canles:  EduClan 3 a 5 anos,  EduClan 6 a 8 anos e  EduClan 9 a 10 anos. As familias poderán atopar vídeos sobre as principais áreas curriculares: Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Lingua, Lóxica e Matemáticas, Artística, Idiomas, Educación Física, Tecnoloxías ou Convivencia.

E MÁIS

Moitos artistas, a través dos seus perfiles de Instagram, farán directos, como se se tratase dun concerto privado: 



MÁIS POSIBILIDADES

Se os museos non son o teu, aquí hai máis opcións:
  • Dende o 12 de marzo ata o 1 de abril, a editorial Hearst España ofrece acceso gratuíto a 19 publicacións (10 minutos, harper’s bazaar, que me dices, elle, Cosmopolitan, mi casa, nuevo estilo, fotogramas… ) dende a plataforma Kiosco y más 
  • Movistar lite ofrece os seus contidos gratis durante un mes. Aos 8 canales en directo de Movistar + Lite (#0, #Vamos, Movistar Series, Movistar Seriesmanía, FOX, TNT, Comedy Central y AMC) únense agora os contidos de Disney Jr, Disney XD, Disney Channel, Nick Jr, Nickelodeon, Cartoon Network, Panda e Baby TV.
  • Se es socio da biblioteca pública tes a posibilidade de acceder ao catálogo de efilm, un Netflix das biblios.

OPORTUNIDADES

Nestes días nos que toca ficar na casa, son moitas as iniciativas que buscan entreter.
Aquí vai unha: museos para visitar dende a casa.

  1. Pinacoteca di Brera - Milán
  2. Galleria degli Uffizi - Florencia 
  3. Musei Vaticani - Roma 
  4. Museo Archeologico - Atenas 
  5. Thyssen-Bornemisza
  6. Prado - Madrid
  7. Louvre - París
  8. British Museum - Londres 
  9. Metropolitan Museum - Nova York 
  10. Hermitage - San Petersburgo
  11. National Gallery of art - Washington 
  12. Google Arts & Culture  sitio web que presenta unha recompilación de imaxes de obras de arte expostas en varios museos do mundo.

DÍA DO NÚMERO PI

Dende o 2009 celebramos o 14 de marzo o día de Pi, data que o Congreso de EEUU elixiu para homenaxear a este número irracional, con intención de promover as matemáticas e as ciencias na educación. Os parlamentarios escolleron ese día porque a súa escritura en inglés (3/14) coincide co valor da ilustre constante.
Máis curiosidades do número pi...
E a celebración do IES MUGARDOS neste día

13 de mar. de 2020

URXENTE

Suspéndese a actividade lectiva a partires do luns 16 de marzo, durante 14 días.
A través dos correos, na web do centro, nos blogs das distintas materias, na aula virtual, en plataformas como edmodo... están as tarefas para esta quincena.

E, pedindo responsabilidade e sensatez, recollemos a mensaxe dos médicos do CHU de Ourense, para frenar o coronavirus.

CORONAVIRUS


CELEBRAMOS A IGUALDADE NA CAÑIZA- DÍA DA MULLER



A IGUALDADE CELÉBRASE TODOS OS DÍAS

Na Biblioteca de Primaria conmemoramos o Día da Muller, cunha serie de actividades
(adaptadas ás distintas idades)  na que os rapaces desfrutaron moito cos Bee- Bot. 
O RETO:  completar un taboleiro de accións que suman ou restan na Igualdade.