Amosando publicacións coa etiqueta Banda deseñada. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Banda deseñada. Amosar todas as publicacións

20 xuño 2023

CONCURSO BANDA DESEÑADA

  •  1º/2º ESO
    • PRIMEIRO PREMIO: ARIADNE RODRÍGUEZ MIGUÉLEZ, 1º B
    • SEGUNDO PREMIO: ANDREA ISABEL ORTIZ SALGADO, 1º B
  • 3º/4º ESO
    • PRIMEIRO PREMIO: ESTELA SENDÍN RODRÍGUEZ E CLAUDIA SIMÓN GONZÁLEZ, 3º B
    • SEGUNDO PREMIO: ÉRIKA MARIÑO ÁLVAREZ E NOA RODRÍGUEZ BLANCO, 4º A
Entrade na foto para ver as súas creacións.
Na festa de final de curso recibirán o seu agasallo.

23 outubro 2020

PREMIO NACIONAL DE CÓMIC, 2020

O  historietista Javier de  Isusi foi galardoado co premio pola súa obra La divina comedia de Óscar  Wilde, unha obra cun " guion perfectamente articulado" e unhas ilustracións "moi suxestivas e ao servizo da narración".
Javier de  Isusi estudou arquitectura nas escolas de San Sebastián e Lisboa. Acabada a carreira, probou brevemente a profesión e emprendeu unha viaxe na que percorreu durante un ano boa parte de Latinoamérica. Ao volver desa viaxe decidiu dedicarse ao que sempre quixo facer: contar historias en viñetas.
Entre as súas obras está a tetraloxía Los viajes de Juan Sin Tierra (La pipa de Marcos, La isla de Nunca jamás, Río Loco e En la tierra de los Sin Tierra), La partida del soldado, Ometepe, He visto ballenas, Asylum...

01 outubro 2020

DESPEDIDA

Hoxe despedimos a Quino, creador do personaxe de historieta máis famoso de Arxentina e un dos máis queridos do mundo  hispanohablante:  Mafalda, a nena máis  contestataria do humor gráfico latinoamericano.

Outra vez sopa! diría Mafalda.

27 abril 2020

LER CÓMIC

A Colección Olé, lanzada por Editorial Bruguera, agasállanos con recopilatorios de Pepe Gotera y Otilio,  Zipi y Zape, El botones Sacarino, La familia Cebolleta,  Mortadelo y Filemón, Rompetechos, El botones Sacarino, Carpanta, 13 Rue del Percebe 2... e moitos máis.
   

16 outubro 2018

PREMIO NACIONAL DE CÓMIC, 2018

A autora valenciana Ana  Penyas gañou o Premio Nacional de Cómic que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. 
Penyas foi premiada pola novela gráfica coa que debutou, Estamos todas bien, unha narración que "recupera a memoria histórica a partir dunha historia familiar" e recupera "voces esquecidas".

23 abril 2018

OBRADOIRO BANDA DESEÑADA

Hoxe pola tarde, Dinamización Lingüística organizou para o alumnado de 2º un Obradoiro de banda deseñada co ilustrador Xosé Tomás.
Haberá algún artista entre nós?








04 abril 2017

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

O xoves 6, o profesor e ilustrador Xosé Tomás realizará, co alumnado de 2º e 3º, un obradoiro creativo co que pescudar e experimentar coa banda deseñada.
Saquemos os astistas que agochamos!!!

23 marzo 2015

REVISTA NOVENO 9

Noveno 9, a revista dos alumnos do curso de banda deseñada de O garaxe hermético, nace como ferramenta de aprendizaxe para que o alumnado experimente todos os parámetros necesarios para converterse nun profesional da bd.
En definitiva, NOVENO  é unha porta aberta aos futuros historietistas profesionais.

10 outubro 2014

EXPOSICIÓN BANDA DESEÑADA

O Centro de formación e recursos (CFR) de Vigo préstanos, dende o día 8 ao día 27 de outubro, unha ampla mostra de banda deseñada.
O material está á vosa disposición na biblioteca, exposto na mesa da entrada. Como non temos permitido o préstamo, só será posible a lectura en sala.
Animádevos a visitala

03 novembro 2013

PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2013

Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) foi galardonado co Premio Nacional de Cómic 2013 pola obra Ardalén, un cómic sobre o papel da memoria nas nosas vidas e na nosa identidade.
O xurado destacou de Ardalén "o carácter poético da obra, que mestura a realidade co soño, a memoria e o olvido, e a mestría técnica no uso da cor".

 
Podemos coñecer un avance da obra aquí.

17 outubro 2013

PREMIO CASTELAO DE BANDA DESEÑADA

Catálogo oneroso de beleza gratuíta de Fran Bueno acaba de facerse co Premio Castelao de Banda Deseñada.
     
Neste traballo, o autor ofrece unha lista das cousas que lle gustan na vida, en forma de catálogo. Fala de cousas como o sol, a lúa e as estrelas, elementos que non hai que pagar por eles e que, moitas veces, paga a pena pararse e admiralos.

03 xuño 2013

KOMIQ KON - DADO 2013

O auditorio municipal de As Neves acollerá, durante os próximos días 15 e 16 de xuño, o II Salón do Cómic do Condado; un evento organizado polo Club Cómic Condado, para que todos os amantes da banda deseñada e da fantasía poidan gozar dunha intensa xornada de xogos, conferencias, exposicións e concursos.

16 abril 2013

MIGUELANXO PRADO, PARABÉNS

Miguelanxo Prado gaña o premio á mellor obra estatal no Saló del Còmic de Barcelona con Ardalén.
O seu traballo impúxose aos outros nove finalistas, entre os que estaba o tamén galego David Rubín. Prado xa obtivera premios á mellor obra no Saló con Trazo de xiz e A mansión dos Pampín.