xoves, setembro 19

RETOS DE LECTURA

Neste curso retámosvos; e retámosvos a ler. En que consiste?
Cada mes haberá un libro que ler; será da vosa elección, pero deberá cumprir os requisitos que arriba pedimos.
Teredes que cubrir unha ficha (podedes pedila na biblioteca) na que se recollen o título e autor, os aspectos positivos e negativos do libro lido e dúas liñas de reflexión sobre o mesmo.
A data final de entrega será na primeira semana de xuño. Haberá un agasallo.

martes, setembro 3

CALENDARIO ESCOLAR 2019-2020

Xa podedes descargar os calendarios escolares deste curso; o anual ou os mensuais, coas festas do noso Concello.
Elixide o que vos conveña.

DE NOVO...

Estamos de volta. Todas as viaxes terminan na casa 💖💖