29 de feb. de 2020

ENTROIDO SECUNDARIA 2020

Xa podemos ver o que foi o noso entroido na galería que segue.
Como prometemos houbo de todo: concurso de sobremesas e máscaras, xincana deportiva, desfile en Primaria con baile incluído... e moita diversión.
E xa sabedes, volver a disfrutar así depende só de vós. 
Pincha na foto para ver máis


19 de feb. de 2020

Conto O Monstro de Cores



Os nenos/as de Educación en Valores, 
preparon a escenificación  do conto "O Monstro de Cores"
que compartiron cos peques de Educación Infatil. 

Temos uns artistas no cole!!!!!
Moitas Felicidades pola vosa interpretación!!!!








18 de feb. de 2020

PLAN PROXECTA DONAS DE SI - MAGO RICHARD

O CPI da Cañiza recibiu a visita do Mago Richard e o seu espectáculo de maxia e divulgación científica TECNOIGUAIS, onde os alumnos de 3º e 4º da ESO fixeron unha viaxe polas diferentes épocas e puxeron en valor a igualdade na ciencia e na tecnoloxía.
Ao longo do espectáculo viaxaron a través de diferentes tempos e percatáronse das achegas de diversas científicas e científicos da nosa sociedade. Coñeceron e reinvindicaron o papel das mulleres na ciencia, e falaron de mulleres relevantes dentro do ámbito científico, destacando o papel das mulleres galegas na ciencia, como Ángela Ruiz Robles, precursora do libro electrónico.
A través dos diferentes trucos de maxia fixeron un percorrido por inventos e aportacións feitas por mulleres e tomaron conciencia da igualdade.
https://photos.app.goo.gl/dELC6UxxnH1DEjSh7
Pincha na foto para ver máis

ENTROIDO 2020, SECUNDARIA

Estamos xa preparados para, este venres, divertirnos co entroido. Estas serán as opcións:
  • Concurso de sobremesas.
  • Concurso de máscaras.
  • Baile en Primaria do alumnado de 4º.
  • Xincana deportiva baseada no Brawl Stars que recolle seis probas (dúas delas serán unha sorpresa).

ENTROIDO 2020

Dende a Biblioteca desexámosvos
un feliz ENTROIDO!!!!!



OS NENOS/AS DO CPI A CAÑIZA XA ESTÁN PREPARADOS, 
HOXE TODOS
TEMOS QUE LEVAR UN MANDIL.

PLAN PROXECTA DONAS DE SI - MARÍA WONENBURGER


En 3º da ESO, e enmarcado no Plan Proxecta Donas de si, seguimos estudando álxebra coa unidade didáctica de María Wonenburger, esta vez tocaron os sistemas de ecuacións.

Xa vimos que a linguaxe alxebraica utiliza letras, números e símbolos matemáticos. Desta vez vimos como aplicalo á resolución de sistemas de ecuacións. Os sistemas de ecuacións lineais foron xa resoltos polos babilonios, os cales chamaban ás incógnitas con palabras tales como lonxitude, anchura, área, ou volume sen que tivesen relación con problemas de medida. Maria Wonenburger plantéxounos diferentes situacións onde empregralos para a resolución de problemas da vida cotiá.

14 de feb. de 2020

GAÑADORES CONCURSO " ESCOLLER UN NOME É UN LOGO PARA A NOSA RADIO!


Comezamos a nosa aventura, coa RADIO ESCOLAR,  
e  fixemos un concurso, 
donde participaron  os rapaces  de  Infantil e Primaria
para poñerlle o nome a radio é o Logo que a identifique.
Foron moitos nenos/as os que participaron e foi moi díficil,
escoller entre tantas ideas.

Moitas grazas a tódolos/as participantes.

E agora sí , A NOSA NORABOA PARA:

SABELA RODRÍGUEZ ESPADAS 
de 3º de Primaria que diseñou o Logo.


                                               Sabela recibiu un agasallo, con moita emoción.

SARA DOMÍNGUEZ ROSA
 EIRE GONZÁLEZ DOMÍNGUEZ 
E LOLA RIVEIRO RODRÍGUEZ
de 6º de Primaria, que lle puxeron nome a nosa radio:
"Los 40 Colegialesª


                                         As gañadoras, recibiron un agasallo con moito agarimo.